AXUDAS ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO COVID-19

AXUDAS ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO COVID-19

  • Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.
  • As axudas económicas previstas consisten nunha compensación de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €), nos casos de gratuidade total, e dun euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.
  •  Presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (precisades ser usuarios do Chave365 ou posuír un certificado dixital do FNMT).

** As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colabore na formalización da solicitude. Para isto precisades mandar ao correo electrónico do colexio, ceip.rosalia.pol@edu.xunta.es, a seguinte documentación:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería (0€ ou 1€)
c) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

  • Prazo de presentación de solicitudes: dende o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de abril, (do 31 de marzo ao 6 de abril).

**Rógase enviedes a documentación precisa canto antes para poder tramitar todas as axudas dentro do prazo.

ACCESO Á PUBLICACIÓN COMPLETA NO DOG: Orde do 27 de marzo de 2020

Moitas grazas pola vosa colaboración e moito ánimo!