Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Información pública sobre o proceso de admisión de alumnado para o curso 2019/2020
loli — Lun, 29/02/2016 - 19:57
CENTRO DE ADSCRICIÓN: I.E.S. “Lucus Augusti” (enlace a web)
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2019/2020 (premer)
1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA (exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)
1. Solicitude de reservade praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I (modelo ED550A) no centro de orixe: 1-15 de febreiro, ambos os dous incluídos.
2. Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: última semana de febreiro
3.Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.
2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN (para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 1 ao 15 de febreiro)
1.Solicitude de admisión mediantea presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.
2.Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 25 de marzo ao 5 de abril, ambos os dous incluídos.
3. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
4.Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
5.Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
6.Adxudicación subsidiariade praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).
3ª FASE: MATRÍCULA
1.Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 1 de xullo (por ser o 30 de xuño día inhábil).
2.Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro
1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN(1-15 de febreiro)
·Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A).
·Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos
a) Entregándoa no centro de orixe do alumno (centro no que está actualmente escolarizado).
b)Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
·A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.
·A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro(salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do 1 de marzo)
·A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.
2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-20 de marzo)
1.Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2.Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:
No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.
3.Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:
No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, antes do 1 de marzo.
4.As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias nos seguintes lugares:
a)Entregando no centro solicitado en primeiro lugar o Anexo II, que pode recoller gratuitamente no centro ou ben descargar dende a páxina web da Consellería:http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/3anexos_formateadois_ed550b_g.pdf
b)A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
c) A través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Nos enlaces que van a continuación poderán consultar as rúas e plano coas zonas de influencia.
NADAL NO ROSALÍA
loli — Lun, 29/02/2016 - 19:33
Un pouco mais tarde do esperado, pero, por fin, temos aquí as actuacións dos nosos alumnos e alumnas no Festival de Nadal que tivemos no colexio....
Agardamos que vos gusten ...
Exposición de cogomelos 2015
loli — Mar, 05/01/2016 - 15:59
En colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus volveu a celebrarse no noso centro, o domingo 8 de novembro, a XIV Exposición de Cogomelos. Alí, co nome científico e popular, o hábitat, toxicidade e comestibilidade, móstraronse unhas 300 especies diferentes; número tan grande só posible nun paraíso de cogomelos como é Galicia.
Así mesmo tivemos unha Exposición de Fotos de Cogomelos, Paneis sobre Hábitats Micolóxicos, completados cunha Exposición de Traballos dos alumn@s do centro polos que recibiron diversos agasallos.
Alí puidemos ver, admirar, ulir sen tocar, escoitar, preguntar e aprender cousiñas interesantes que sempre parecen novas. Porque o fascinante mundo dos cogomelos é así de inabarcable.
Recortes de Prensa
Premio Cogomelo Lucus 2015 ao noso centro, pola desinteresada colaboración ao longo das 14 edicóns da Exposición de Cogomelos que cada ano, desde 2002, realiza a Sociedade Micolóxica Lucus.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15