ACTIVIDADES

OBRA DE TEATRO PARA SAMAÍN

Lectura dunha obra de teatro "Indo para o Samaín" para o 3º ciclo. Representarana os alumnos/as de 6º para o resto don pequenos do Centro.

XOGO DE PISTAS

Para iniciarnos no tempo do Samaín, estamos a facer un xogo de pistas no que pode participar todo o alumnado do colexio. Poderás entregar as respostas o martes día 22 de outubro.Hoxe entregamos  xa a 2ª pista, e son istas:

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

Este é o cartaz coas bicis dos nenos/as do colexio que se fixo con motivo da celebración da Semana da Ciencia en Galego. Grazas pola colaboración ás familias

DÍAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO E DA MULLER

En todas os cursos se realizaron actividades para conmemorar estes días.

OBRADOIROS CON ESCRITORAS

Obradoiros de poesía con Dores Tembrás para o alumnado de 3º de primaria, e con Fina Casalderrey para o alumnado de 5º e 6º de primaria.

DÍA DE ROSALÍA

Actividades feitas polo alumnado de 5º de E. Infantil (4 anos) polo Día de Rosalía.

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Lectura dun libro de teatro “¡Ai, mamasiña que medo!” de Chus Pereiro, polo alumnado do 3º ciclo. Posteriormente adaptada, ensaiada e representada polo alumnado de 6º.

NADAL

Representación da obra:"Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" polo alumnado de 5º de primaria.

OUTONO DE CIENCIA.

No ano 2001 a UNESCO decidiu declarar o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Dende hai tres anos nos centros educativos galegos a celebración da Unesco foi adoptada como o Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego.

Distribuir contido