2010/2011

O CURSO 2010-2011 EN IMAXES

  Xa estamos aquí de novo así que ánimo para o novo curso e benvid@s. 


VISITA AO IES DAVIÑA REY

O pasado xoves día 09 de xuño os alumnos de 6º de E.P. e a súa titora Ángeles, foron de visita a Monforte xunto aos compañeros de 6º do CEIP de Puebla de Brollón para visitar as instalacións do IES DAVIÑA REY, centro ao que están adscritos os dous colexios.  


                                  


Alí ensináronlles as que serán as súas aulas para o vindeiro curso,coñeceron algúns dos profesores que lles impartirán clase e tamén estiveron con vellos compañeiros de anos anteriores.


Un pequeno refrixerio e volta ao colexio.


                               Xa queda menos rapaces ¡

EXCURSIÓN FINAL PARA TOD@S

 O pasado venres día 27 de maio, todos os nenos e nenas do cole saíron pola mañá de excursión acompañados das profes Nati, Rocío,Patricia,Sara e Ángeles en dirección ao concello de Friol para visitar o Castelo de S.Paio de Narla.                                                            


                                                                                               


Despois dunha pequena parada para tomar algo como si do recreo se tratase, tomamos rumbo ao concello de Castro de Rei para visitar o Museo Arqueolóxico e o Castro de Viladonga.


Xantar ao aire libre e volta para a colexio. Se queredes ver as fotos deste divertido día , picade aquí.

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2011

Como sabedes, este ano adicóuselle o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ao escritor monfortino


                    LOIS PEREIRO          


Todos os alumn@s do cole realizaron unha morea de actividades para celebralo comezando pola visita á exposición conmemorativa na Casa da Cultura de Monforte o pasado 15 de abril.


No colexio ademais dos murais e traballos para adornar aulas e pasillos, unha unidade didáctica acerca do autor, unha sesión na aula de informática elaborada pola profe Sara, un maratón de lectura na que participaron todos e o concurso de adiviñas   ( ver concursos do centro ).


Se queredes  ver as fotos, picade  aquí.                                               

CONTACONTOS TUSITALIA

O pasado día 11 de maio, pola tarde, todo o alumnado do colexio asistiu a unha representación de contacontos na Casa da Cultura de Bóveda.


                             


De novo nos visitou o dúo TUSITALIA para ofrecernos unha divertida sesión na que ademais de narrativa houbo maxia e participaron todos os rapaces.


Para ver as fotos desta sesión, pica aquí.

CONCURSO DE ADIVIÑAS DAS LETRAS GALEGAS

Co gallo do Día das Letras Galegas, os alumn@s de E.Primaria participaron neste concurso de adiviñas. Os gañadores foron os seguintes :


1º Ciclo : Raquel Vilar 


2º Ciclo : Juan Pontón


3º Ciclo : Rocío López


                                                  NORABOA A TOD@S ¡


 

ABRAPALABRA

O día 06 de maio pola mañá, todos os alumn@s do colexio asistiron na Sala de Múltiples a unha sesión de maxia ofrecida por CARLOS COIRA e ofertada dende o Programa de Dinamización  Lingüística da Xunta de Galicia.


 Personaxes como Alfredo e Filiberto axudaron aos nenos na creación de novos trucos de maxia. Diversión e fantasía foron a tónica nesta actividade na que ademais todos remataron  cun espléndido agasallo.              


Para ver as fotos, picade aquí.


 

CONCERTO DIDÁTICO EN MONFORTE

O día 19 de maio, os alumn@s do Terceiro Ciclo do colexio e a profesora de Música asistiron xunto aos compañeiros do 3º ciclo de Puebla de Brollón a un Concerto Didáctico  no Edificio Multiusos de Monforte.     Primeiro, unha pequena parada para visitar o Conxunto Monumental de S.Vicente do Pino                                          


Logo xa no concerto,varios musicos da Banda do Concello e mestres do Conservatorio Mestre Ibáñez ofreceron unha interesante actividade na que ademais de músicas de distintas épocas e estilos puidemos observar en vivo  e en directo varios dos instrumentos .                                      


Para ver as fotos desta sesión , pica aquí.                              

VISITA A MARCELLE

O pasado luns día 02 de maio. os alumn@s de E.Infantil, 1º e 2º ciclos de E.P. xunto coas profes Mercedes,Verónica, Rocío,Patricia e Nati , foron de visita ao Parque Zoolóxico Marcelle Natureza.         Para ver as fotos desta divertida viaxe , picade aquí.                                           

SAÍDA AO ENTORNO DO 1º E 2º CICLOS

O pasado venres día 15 de abril, pola tarde , os rapaces e rapazas do 1º e 2º ciclos de E.Primaria xunto ás profes Rocío,Patricia e Nati, fixeron a súa SAÍDA AO ENTORNO.


                                     


Un primaveral paseo preto do río para ver o Muíño do Xil e logo actividades no parque antes de despedirse e marchar de vacacións.                   


Para ver as fotos, pica aquí.                                 

Distribuir contido