2009/2010

O CURSO 2009-2010 EN IMAXES

                        

Rematou o curso e, para marchar de vacacións cun bo sabor de boca,todos os nenos e nenas do cole disfrutaron dun taller de artesanía e duns divertidos inchables o derradeiro día do curso.

Para ver as fotos, pica aquí .

VISITA AO IES DAVIÑA REY E MUSEO DO FERROCARRIL

O pasado venres día 4 de xuño, os alum@s de 6º de E.Primaria acompañados da súa titora Ángeles, foron a Monforte invitados polo IES DAVIÑA REY, centro ao que está adscrito o noso colexio.

Unha vez alí, compartiron a visita cos compañeir@s de Puebla de Brollón e percorreron as dependencias  do centro, coñeceron a algúns profes e charlaron con compañeiros que xa estudan alí .

Unha vez finalizada esta visita, foron todos xuntos ao MUSEO DO FERROCARRIL.

                      

O máis divertido , sen dúbida , o paseíño que nos deron ata a rotonda...

Para ver as fotos, pica aquí.

VISITA AO MUSEO PROVINCIAL

O pasado venres día 04 de xuño, os nenos e nenas de E.Infantil e 1º e 2º Ciclos de E.Primaria, foron de visita a Lugo para visitar o Museo Provincial de Lugo.

                                  

Os rapaces de E.Infantil fixeron un puzzle e os compañeiros de 1º e 2º Ciclos un " safari " polo Museo.De premio, un orixinal sombreiro...

         

XOGANDO COAS LETRAS GALEGAS

Co gallo da celebración das Letras Galegas,o pasado xoves día 27 de maio todos os nen@s de E.Primaria disfrutaron pola tarde,dunha actividade ofertada polo Concello a través da Casa da Cutura titulada :

" XOGANDO COAS LETRAS GALEGAS " do grupo EDUVÍA. 

                                  

Varios xogos e actividades en grupo xurdiron a partires dun dado xigante .Os rapaces tamén puideron amosar a súa creatividade facendo poesía e debuxando diversas portadas para un conto.

Para ver as fotos, pica aquí. 

 

CONVIVENCIA ESCOLAR DEPORTIVA EN PUEBLA

O pasado martes día 25 de maio, todos os nenos e nenas de E.Primaria do colexio foron ata Puebla de Brollón acompañados polas profes Mercedes, Fina,Ana, Uxía e Ángeles para pasar unha xornada de Convivencia Escolar Deportiva.

     

Xogos para os máis pequenos, fútbol-sala, baloncesto e bádminton foron algúns dos deportes practicados por todos eles contra os equipos do cole de Puebla.

Despois de tanto exercicio, un bo xantar todos xuntos, alum@s e profes.

Foi un día estupendo e pasámolo xenial .

Para ver as fotos, picade aquí.

 

VISITA AO VIVEIRO " OS TROLLOS "

O pasado luns, día 24 de maio, todo os nen@s e profes do colexio fixemos unha saída ao viveiro " Os Trollos " de Bóveda, actividade incluída dentro do Plan de Normalización Lingüística deste curso escolar.      

Visitamos a Aula da Natureza ,vimos uns vídeos e fixemos tamén unha pequena caminata polo viveiro acompañados de José.

Pasámolo xenial ¡

Se queredes ver as fotos, picade aquí.

 

 

ACTUACIÓN DE ANTÓN CASTRO

O pasado día 19 de maio co gallo da celebración das Letras Galegas, todo os nenos e nenas do colexio asistiron a unha sesión de música e contacontos na sala de múltiples a cargo de Antón Castro.

              

Unha divertida e participativa sesión coa que tod@s o pasamos xenial.

Para ver as fotos, pica aquí.

EXCURSIÓN DO 3º CICLO A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado día 21 de maio, os alumn@s do terceiro ciclo acompañados/as das súas profes Ana e Ángeles fixeron a excursión do terceiro trimestre a Santiago de Compostela.

                                        

 

Pola mañá visitaron o Parlamento de Galicia e despois de xantar foron ver a Catedral .

Pola tarde tocou o Museo de Ciencias Naturais.

A calor apretou pero a saída valeu a pena. Todos e todas disfrutaron moito e o pasaron moi ben.

Para ver as fotos da visita ao Parlamento, picade aquí.

Para ver as fotos da Catedral e do Museo de Ciencias Naturais, picade aquí. 

CONCURSO ESCOLAR LITERARIO EMILIA ESTÉVEZ VILLAVERDE

 Unha alumna de 6º de E.Primaria ,Cristina,participou  neste concurso literario organizado polo Museo de Pontevedra representando ao colexio.

Por segundo ano consecutivo, o noso centro está premiado, pois na súa categoría :

    CRISTINA ACADOU O 1º PREMIO DE NARRATIVA ¡ 

                             NORABOA CRIS ¡

Para ver as fotos da viaxe a Pontevedra, pica aquí.

 

                                    

 

                        

 

Distribuir contido