2008/09

CONVIVENCIA ESCOLAR DEPORTIVA COS ALUMNOS/AS DE PUEBLA

O mércores 29 de abril estiveron connosco os rapaces e rapazas do colexio de Puebla de Brollón para compartir unha xornada deportiva e de convivencia.

Participaron todos os nenos e nenas  do 2º e 3º ciclos de E.Primaria   .

Os deportes practicados foron : baloncesto , fútbol-sala e bádminton .

A mediodía comemos todos xuntos no comedor do colexio.

Foi sobre todo unha xornada moi amena e de compañeirismo, pois non houbo vencedores nin vencidos, senón  simplemente un numeroso grupo de nenos e nenas disfrutando do deporte e compartindo xogos.

                               NORABOA A TODOS   

Para ver as fotos da chegada dos nenos/as de Puebla, fútbol-sala e baloncesto, pica aquí. ,

Para ver as fotos do xantar, pica aquí.

Para ver as fotos de bádminton e a despedida, pica aquí.                                                                                                

OS NOSOS XOGOS

No tempo de lecer, os nenos e nenas do colexio, descansan , divírtense ,xogan ao fútbol, practican xogos populares ( á mariola, á corda, a pillar, á goma.....)

Tamén lles gusta moito pescar, xogar aos bolos, ao tragacastañas..

Veredes que ben o pasan..

A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA

Outra das actividades levadas a cabo para conmemorar o Día do Libro polo alumnado de E.Primaria, foi a elección da MASCOTA PARA A BIBLIOTECA do centro.

Para ver as fotografías dos traballos dos alumnos, que foron a concurso , pica aquí.

O gañador do concurso é :  Jacobo ( 5º curso ).

 

                            NORABOA  JACOBO                      

                         

Entroido 3º ciclo

NEVE EN BÓVEDA

 

POSTAIS NADAL

Como tódolos anos por estas datas, os nenos e nenas do colexio preparan as súas felicitacións de Nadal.´

Este ano foron todas elas a concurso quedando gañadoras as seguintes :

 

Educación Infantil : Raquel

1º Ciclo : Noelia

2º Ciclo : Sofía

3º Ciclo : María

Noraboa a todos e a todas por participar, o certo é que quedaron CHULÍSIMAS.

Para ver o resto das postais, pica aquí.

CONTO : A CASTAÑOLA

 

Podedes descargar o seguinte arquivo para ler o conto.

RESULTADOS FÚTBOL-SALA ALEVÍN . TEMPADA 08/09

Aquí tedes os resultados da tempada 2008/09 de FÚTBOL-SALA na categoría Alevín , GRUPO A :

15/11/08   Quiroga B   5  -  Bóveda   2

22/11/08   Bóveda       3  -  A Gándara  5

29/11/08   Bóveda       1  -  San Clodio  6

13/12/08   A Merced    1   -  Bóveda  7

10/01/09   Bóveda       3   -  Asunción  2

____________________________________

17/01/09   Bóveda        3   - Quiroga B   2

24/01/09   A Gándara    4  -  Bóveda  3

31/01/09   San Clodio    9  -  Bóveda  1

07/02/09   Bóveda         5  -  A Merced   8

14/02/09   Asunción       3  -  Bóveda   2

Na clasificación xeral do GRUPO A, o noso equipo quedou no sétimo lugar.

CONCURSO DA ONCE

Os nenos e nenas do 2º e 3º ciclos de E. Primaria, participaron este ano no concurso que organiza a ONCE, adicado este ano ao BRAILLE.

Aquí tedes unha mostra dos traballos presentados :

 

 

Entroido 1º ciclo

 

Distribuir contido