2008/09

GÚSTAME DE ONDE SON

O día 22 de xuño e como derradeira actividade do curso escolar 2008/2009, tivo lugar no Centro Multiusos do Concello a inauguración da exposición GÚSTAME DE ONDE SON, organizada conxuntamente polo Concello de Bóveda e o noso centro.

Os principais protagonistas desta exposición foron os nenos e nenas do terceiro ciclo de E.Primaria e o contorno onde eles viven.

Nesta exposición pódese admirar a riqueza cultural da nosa comarca sendo o obxectivo fundamental fomentar o coñecemento e a protección do noso patrimonio. 

Dun xeito lúdico, os rapaces e rapazas expuxeron os traballos que realizaron coa valiosa axuda das súas familias.

Para ver as fotos, pica aquí.

VISITA AO MUSEO DO FERROCARRIL

O pasado día 10 de xuño, os alumnos e alumnas de 6º de E.Primaria, xunto coas profes Ana e Camino, foron a Monforte a coñecer o IES Daviña Rey xunto cos compañeiros/as de Puebla de Brollón.

Despois de ver as distintas instalacións do centro e de coñecer a algúns dos que serán os seus profesores/as o vindeiro curso, foron visitar o Museo do Ferrocarril.

Para ver as fotos da visita ao Museo, pica aquí.   

                                                                                     

ENTREVISTA A D.JOSÉ MANUEL ARIAS, ALCALDE DE BÓVEDA

O pasado venres 29 de maio, os nenos e nenas de 5º de E.Primaria,acompañados de Sara A. e Ángeles, fixeron unha visita á Casa do Concello de Bóveda para entrevistar ao señor alcalde , D. JOSÉ MANUEL ARIAS LÓPEZ.

Xa dentro do Concello, acompañáronos ao Salón de Plenos , onde os oito alumnos/as ocuparon as cadeiras de concelleiros/as.

Unha vez presentados, D.José Manuel explicou o significado do Salón e tamén das fotografías e retratos que nel aparecen.

Rematada a explicación, cada neno/a fíxolle dúas preguntas.

Para ver as fotografías da visita ao Concello e da entrevista, pica aquí.

Para ler a entrevista, descarga o seguinte arquivo :

 

 

II CARREIRA PEDESTRE POPULAR

O  domingo, día 24 de maio de 2009, levouse a cabo a II Carreira Pedestre Popular de Bóveda, organizada pola Asociación C. Horticelos na área recreativa do Muíño do Xil.

Pouca participación en xeral dos nenos e nenas de Bóveda, aínda así, correron Guille, Paula, Samuel e os irmáns Juan e Javier.

A ver se para a terceira edición vos animades algúns máis...

 

Iº PREMIO DE REDACCIÓN .MUSEO DE PONTEVEDRA.

O pasado mércores día 13 de maio, a nosa compañeira María viaxou a Pontevedra para recoller o Iº premio do Concurso de Redacción organizado polo MUSEO DE PONTEVEDRA.

Con ela, os seus pais José e Luisa, e tamén as profes Mercedes e Ángeles.

A primeira parada foi en Padrón para visitar a casa-museo de Rosalía de Castro.

Con María e os seus acompañantes tamén estiveron outros nenos/as premiados.                            

Logo, o xantar en Pontevedra  todos xuntos, visita ao Museo e entrega de premios.

Ás 5 da tarde María e os demais premiados/as asistiron a un acto para recoller os seus galardóns.

Para finalizar fixeron varias fotos todos xuntos ás portas do Museo.

Foi un día moi especial para todos, pero sobre todo para María, que aínda que un pouquiño nerviosa, disfrutou moito de todo. De seguro non esquecerá esta data..

Dende o CEIP ROSALÍA DE CASTRO, UN AGARIMOSO SAÚDO PARA TODOS OS NENOS E NENAS QUE COMPARTISTES ESTA XORNADA CON MARÍA, TAMÉN PARA OS VOSOS PAIS/NAIS.

NON QUEREMOS ESQUECERNOS DE D.XOSÉ FUENTES. DENDE BÓVEDA  AS MÁIS SINCEIRAS GRAZAS POLO EXQUISITO TRATO QUE NOS DISPENSOU.

UNHA APERTA A TODOS/AS E ATA SEMPRE.

Para ver as fotos da viaxe, pica aquí.

 

 

 

 

CORRELÍNGUA 09

O pasado venres, día 08 de maio, os alumnos/as do terceiro ciclo de E.Primaria, participaron na marcha do CORRELÍNGUA 09 que se celebrou en Monforte. 

Partiron no autobús acompañados  de Ana, Sara A. e Ángeles e , unha vez reunidos todos os centros educativos participantes  na zona de San Vicente, comezou a marcha por diversas rúas da cidade ata chegar á explanada da Compañía.

Alí, deuse lugar á lectura dun manifesto escrito polo alumnado dun IES , para despois ver unha pequena representación teatral e escoitar un pequeno concerto .

Vimos algúns vellos amigos, tamén nos viñeron saudar ex-alumnos/as do noso cole  e estivemos cos nosos compañeiros/as de convivencia escolar deportiva,  os nenos e nenas do colexio de Puebla e coa nosa profe de relixión, Sara Martínez, que desta, tocoulle ir cos rapaces e rapazas de Sober.

Para ver as fotos , pica aquí.

 

CONTOS A DÚAS VOCES

Outra das actividades programadas co gallo do Día do Libro, levouse a cabo no colexio o día 04 de maio, na aula de inglés.

                                                       

Trátase dunha serie de contos bilingües ( galego- inglés), cos que os alumnos/as do 3º ciclo de E.Primaria disfrutaron ao longo dunha hora, podendo escoitar unha chea de historias nos dous idiomas, case simultaneamente...

Os contadores de contos, Charo Pita e Tim Bowley, fixéronnos pasar un bo rato coas súas historias.

Para ver as fotos da sesión, pica aquí.

IDEAS PARA FACER UN AGASALLO .

Se queredes facer un agasallo, podedes aproveitar algunha destas ideas..

Veredes que orixinais....

Distribuir contido