Idioma extranxeiro

Obra de teatro en inglés "You can do it!"

Dentro da nosa programación anual de actividades como centro plurilingüe e con seccións bilingües, tivemos a sorte de contar coa presenza de Fiona e Steve da compañía "Moving On" que nos representaron a obra de teatro "You can do it!".
Bob, a mestra que dirixe a obra de fin de curso do seu cole está moi nerviosa despois de que a directora a ameazara con despedila se a obra non saía ben. Harry é un profe novo e con pouca experiencia que axuda a Bob cos preparativos. Pero unha confusión na hora de comezo da obra mete a Bob e a Harry nun gran problema. Terán que usar a súa imaxinación para salvar a obra e os seus postos de traballo.
Foi un espectáculo cómico, musical e altamente participativo no que contaron coa colaboración de Mara, Álex, María, Taha e Hugo que se converteron en grandes artistas durante a función.

Fichas de reforzo para Primaria.

Aquí tedes adxuntos varias fichas por curso dos temas que levamos dado.

Estas fichas tamen as atoparedes pinchando no apartado Actividades- Escolares- (curso correspondente)

Un saúdo.

Recursos de inglés para infantil e 1º.

Bo día.

Aquí tedes os enlaces de varios vídeos que vemos en inglés, algúns xa están feitos para ser bailados, dar palmadas ou contar mentres os vemos, e así o facemos na nosa clase de inglés así que se queredes facelo tamén na casa xenial. Cas últimas que vos poño acostumamos a facer un debuxo que conteña unha forma das que aparecen no video, a que eles escollan.

Un saúdo.

 

Hello song.

 

https://www.youtube.com/watch?v=fN1Cyr0ZK9M

 

 

Head, shoulders, knees and toes.

 

https://www.youtube.com/watch?v=WX8HmogNyCY

 

 

The skeleton dance.

 

https://www.youtube.com/watch?v=Pbl4BNkAq_U

 

 

Walking in the jungle. (animals)

 

https://www.youtube.com/watch?v=GoSq-yZcJ-4

 

 

Seven steps. Numbers and counting.

 

https://www.youtube.com/watch?v=kz_EQSfFx0g

 

The shape song. (shapes)

 

#1 https://www.youtube.com/watch?v=TJhfl5vdxp4

 

#2 https://www.youtube.com/watch?v=03pyY9C2Pm8

 

 

Redes Sociais

Programas

 

Actividades biblioteca


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013