Abalar

 

 

 

 

 

Invitámosvos a comezar a instalar ABALAR MÓBIL un recurso moi útil coa fin de garantir unha correcta comunicación con todas e todos vós.

 

Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía galega, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital do século XXI.

 

abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

 

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

 

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/nova/abalarmobil

 

 

 

 

AVISO

Aberto o prazo para axudas a beneficiarios do comedor escolar desde o día 31 de marzo mentres estean suspendidas as clases presenciais.

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf