Skip to Content

Publicación dos criterios e procedementos de distribución de máscaras entre alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta Consellería e en centros privados concertado

Estimadas familias!

Na orde do 6 de novembro establécense os criterios e procedementos para a distribución de máscaras ao alumnado dos centros docentes públicos e concertados.

DESTINATARIOS

Os detinatarios desta axuda son aqueles alumnos e alumnas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Alumnado que fóra beneficiario da axuda de material escolar.
  • Alumnado que pese a non recibir a axuda de material escolar, reúna as seguites condicións:
  1. Pertenza as familias cunha rentar per cápita inferior a 6000 euros.
  2.  Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 por cento, con independencia da renda familiar

PROCEDEMENTO

  • Corresponde aos centros tramitar as solicitudes a través da aplicación informática.
  • O alumnado que fose beneficiario da axuda a material escolar non terá que presentar solicitude no centro, quedará exento deste requisito.
  • O alumnado que non sendo beneficiario da axuda a material escolar pero reúna as condicións do apartado 1 anterior, terán que presentar solicitude no centro educativo co formulario de solicitude correspondente (Anexo I), e traer cuberto tamén (Anexo II),  xunto coa documentación solicitada na orde. Poderédelos descargar ben, na orde anterior ou ben pinchando aquí.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación de solicitudes será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación desta orde no DOGA. (14/11/2020 a 26/11/2021).

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Ler na Orde anteriormente citada.

AnexoTamaño
Doga solicitude de máscaras.pdf608.65 KB
ANEXO I E II_ED330E_G_Alternativa.pdf136.44 KB


page | by Dr. Radut