Skip to Content

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2020-2021

INICICIO DO NOVO CURSO 2020-2021

Benvidos e benvidas ao tan ansiado curso escolar 2020-2021.

O vindeiro día 10 de setembro está previsto que de comezo o novo curso escolar.

Non será un curso normal, alomenos nos primeiros momentos dada a situación actual na que nos atopamos. Esperemos que co trascurrir das semanas todo vaia volvendo á normalidade.

Como ben sabedes todo ou case todo o funcionamento dos centros terá que estar adaptado ao protocolo COVID, e haberá que ir facendo cambios segundo nos vaian avisando, cambios dos que estaredes informados a través da Wb do centro ou circulares.

Como ben sabedes, a entrada aos centros está moi restrinxida e só en momentos moi puntuais, de aí que a reunión conxunta farase O MÉRCORES 9 ÁS 10:00H NO PAVILLÓN. De aí cada titor irá cos pais do seu grupo ás aulas previa desinfección de máns onde serán informados polo miúdo de como se vai desarrolllar o curso.

Dende o primeiro día solicito a máxima colaboración de todos e todas para facer fronte a situación que estamos a vivir, entendendo que non podemos parar a vida e que hai que seguir para adiante tomando as máximas medidas para evitar contaxios.

Cómpre dicir, que de nada vale seguir os protocolos no centro se logo no transcurrir diario nos fogares non se seguen a tomar precaucións.

 



page | by Dr. Radut