Skip to Content

CALENDARIO FONDOLIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 PRAZOS ESTABLECIDOS PARA FONDOLIBROS

  • Pubilicación listaxes provisionais: 4 de xullo.
  • Días de reclamación ás listaxes provisionais: 5-6 de xullo.
  • Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo.
  • Entrega de libros: no mes de setembro (avisarase).

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (VALES)

Entrega de vales o MARTES 5/07/22: Para o alumnado que cursará 1º, 2º E 3º DE ED. PRIMARIA.

1º: 10:30-11:00

2º: 11:00-11:30

3º: 11:30-12:00

Entrega de vales o MÉRCORES 6/07/22: Para o alumnado que cursará 4º, 5º e 6º DE ED. PRIMARIA:

4º: 10:30-11:00

5º: 11:00-11:30

6º: 11:30-12:00

 

  

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2022-2023 PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

  • QUE INICIA A ESCOLARIZACIÓN EN 4º DE ED. INFANTIL.
  • QUE INICIA A ETAPA PROCEDENTE DUN CENTRO ADSCRITO (UNITARIA).
  • QUE CAMBIA VOLUNTARIAMENTE DE DENTRO.

PRAZO DO 20 AO 30 DE XUÑO (Previa cita no teléfono: 881866814)

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  • IMPRESO OFICIAL (ANEXO III-1). No adxunto.
  • FICHA DE ACTUALIZACIÓN DE DATOS. No adxunto.
  • CERTIFICADO MÉDICO
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA.
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA.
  • FOTOCOPIA DOS DNI (pai, nai/ titores legais).
  • 2 FOTOS TAMAÑO CARNÉ
  • OUTRA DOCUMENTACIÓN DE SER O CASO:
  • SENTENZA, CONVENIO REGULADOR,ETC.
  • INFORME DE NEAE.

 

 

IMPORTANTE: Requírese instalar abalarMóbil por se a principal forma de comunicación do centro coas familias. Comezará a funcionar en setembro.

 

AdxuntoTamaño
Actualizacion datos.pdf131.56 KB
Formalización matrícula Infantil.pdf882.28 KB
Formalización matrícula Primaria.pdf1.06 MB
CARTEL_MATRÍCULA.pdf176.56 KB

FIN DE CURSO!!!


ÚLTIMOS DÍAS DE CURSO

MARTES 21: Festival, paso a Ed. Primaria do alumnado de 6º de Infantil e despedida do alumnado de 6º de Primaria.

 

Parabéns a Candela, Antón, Xabi B., Clara, Iria, María, Mateo, Marcos, Laia, Jennifer, Dylan, Xaquín, Xabi M., Sara, Martín, Thalía, Alexandra, Ximena, Eire e Roi que pasan a 1º de Ed. Primaria.

 

Noraboa a Íker, Carmen, Raúl, Lola, Fernando, Xandre, Matías, Alejandro, Sara, Isela, Aleixo, Daniel, Samuel, Adrián e Gabriel que terminan a etapa no centro e se marchan para o instituto. Moitísima sorte!!!

 

MÉRCORES 22: Máis festexos: festa da auga e festas de aula.

 

DOCUMENTACIÓN ACTUALIZACIÓN DE DATOS PERSOAIS E CAMBIO DE OPCIÓN RELIXIOSA/NON RELIXIOSA

IMPORTANTE: SÓ se debe entregar SI HAI ALGÚN CAMBIO de cara ao vindeiro curso escolar 22-23. 

Nos adxuntos podedes descargar os seguintes documentos (tamén se poden solicitar os impresos no teléfono do centro: 881866814):

- Cambio de opción relixiosa/non relixiosa.

- Actualización de datos persoais.

O prazo para facer os cambios comeza o día 16 de xuño e remata o día 22 de xuño.

A documentación entregaralla o alumno/a ao titor/a.

 

 

AdxuntoTamaño
Actualizacion datos.pdf131.56 KB
SOLICITUDE DE CAMBIO OPCIÓN RELIXIOSA.pdf177.71 KB

PRESENTACIÓN DA REVISTA "RECEITAS DO CAMIÑO"

No día de hoxe celebramos no colexio o acto de presentación da Revista "Receitas do Camiño" elaborada polo alumnado de 2º curso de educación primaria xunto coa súa profesora Micaela.

 

No acto estiveron presentes Catuxa e Alicia, representantes das familias e da ANPA respectivamente e a alcaldesa do Concello de Muros e representante da Asociación dos Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia, Inés Monteagudo.

Foi un acto moi emotivo no que se puxo en valor todo o traballo feito polo alumnado do centro enmarcado no Proxecto de centro "Un camiño de auga e sal".

 

Podedes picar no enlace para ver o evento

 

Parabéns a todos e a todas polo traballo feito!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut