Estrada Foilebar s/n 27346. O Incio. Teléfono: 982870605

Material escolar. Curso 2023/2024

No documento adxunto poderedes ver a lista de materiais para este curso 2023/2024. Calquera dúbida pódese contactar co centro.

Comedor 2023/2024

As familias xa poden acercarse ao centro a recoller o formulario de solicitude de uso de comedor para o vindeiro curso 2023/2024 en horario de 10:00 a 13:30 ata o 14 de xullo.

Así mesmo infórmase que dende hoxe queda exposto o anuncio polo cal se abre o plazo para inscribirse como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024.

Ante calquera dúbida, contacten co centro.

AVISOS

1º AVISO

Na porta do centro atópase a lista definitiva dos admitidos de 4º de Educación Infantil para o vindeiro curso 2023/2024. Cómpre dicir que todas as solicitudes foron admitidas.

2º AVISO

Dende o 20 de maio ata o 21 de xuño está aberto o prazo para a solicitude de material e fondo de libros para o vindeiro curso 2023/2024 polo que as familias poderán cubrir as solictudes por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) ou ben cubrir os anexos de xeito manual e e entregalos no centro; as axudas de material están dispoñibles para todo o alumnado de Educación Primaria e o fondo de libros para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria xa que para o curso que vén o alumnado de 5º e 6º terá E-DIXGAL e polo tanto non precisarán libros en papel.

Calquera dúbida contactar co centro.

Un saúdo.

ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024

Na porta de entrada ao centro está dende hoxe publicada a Listaxe Provisional de Admitidos para 4º de Educación Infantil no curso 2023/2024.

Grazas e un saúdo!

 

Receitas do Entroido 2023.

No seguinte enlace poderedes descargar o libro de receitas de entroido que se fixo coa colaboración das familias.

http://descargas-xuntarquivos.xunta.es/3b53e7d4-5fe3-435a-a7af-d79e17a2dceb1682437267819

O enlace estará dispoñible durante as próximas 96 horas, se despois de transcurrido o tempo algunha familia quere descargalo, pode poñerse en contacto co centro.

Un saúdo!

RESERVA DE PRAZA PARA O CEIP RICARDO GASSET. CURSO 2023/2024

Dende hoxe, 1 de marzo de 2023, ata o vindeiro 20 de marzo incluído, ábrese o plazo para facer a reserva de praza no noso centro para o vindeiro curso 2023/2024.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual, pódese dirixir ao centro e solicitar os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro. 

Ante calquera outra dúbida, pódese poñer en contacto co centro, preferiblemente de 11:45 a 12:15.

Grazas.

 

 

Distribuir contido