ConcentraciónConcentración

Fondo libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar 23-24

Na Orde do 10 de maio de 2023, publicada no DOG do 19 de maio 2023, regúlase a participación nas seguintes CONVOCATORIAS:

a) FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:  

  • Para o alumnado que cursará 3º e 4º de Primaria:

- Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros.

- Renda per cápita superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 4 libros.

  • 5º e 6º de Primaria está excluído por participar no proxecto E-DIXGAL: libro dixital.

b) AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: 

  • Para o alumnado que cursará 1º e 2º de E. Primaria. 

   - Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.

   - Renda per cápita superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160€.

  •   Para o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % (300 € con independencia da renda).

 

  • Para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo en 3º, 4º, 5º e 6º de EP (160 ou 240 € segundo a renda) cando non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso en que estea matriculado. 

c) AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: 

Para todo o alumnado de Primaria:

- Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.

- Renda per cápita superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

 PRAZO:  Ata o 21 de xuño de 2023 inclusive.

 

PROCEDEMENTO DE PRESENTACIÓN: 

  • Na sede electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 (precisa Chave 365 ou certificado dixital/non precisa ir ao centro)

  • De modo presencial no centro:

1. A solicitude cuberta e asinada (que podedes recoller no centro, xerala na aplicación fondolibros ou descargala na páxina web do centro).

2. Toda a documentación requirida na convocatoria.

- Poñer como solicitante a persoa (pai ou nai) que recollerá o vale ou os libros.

- A obriga dos beneficiarios de conservar en bo estado os libros de texto recibidos e devolvelos ao rematar o curso. 

- A obriga de destinar o importe do vale á compra dos libros de texto que indique o centro e destinar o vale para material a adquirir o material escolar que precise.

 

 PARA CALQUERA ACLARACIÓN OU CONSULTA:

Chamen ao número de teléfono do centro: 988 470 239.

MENÚ MAIO

MENÚ ABRIL

NOVAS

MENÚ MARZO

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

 

Fai click e accederás ao enlace!

(No centro facilitarásevos o impreso de admisión)

MENÚ FEBREIRO

MENÚ XANEIRO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022-2023

Aquí vos deixamos os documentos relativos ás eleccións do CONSELLO ESCOLAR 2022-2023:

1º Calendario do proceso.

2º Primeira circular.

MENÚ DECEMBRO

Distribuir contido

Calendario

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Polos creativos

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Bibliotecas escolares de Galicia

Proxectos de innovación educativa