Skip to Content

Publicacións recentes

Proxecto Salvavidas

PROXECTO SALVAVIDAS. O noso centro congratúlase de comunicar que, desde o día de hoxe, somos un espazo cardiosaudable. Como todos lembran, no mes de novembro comezamos o Proxecto Salvavidas, unha campaña solidaria para conseguir un desfibrilador semiautomático (DESA) para o centro. Ademáis diso conseguimos a formación necesaria para oito profesionais do colexio e a cartelería. Todo isto foi grazas á comunidade educativa, especialmente ás familias. Por todo isto, queremos agradecer moitísimo a colaboración prestada e comunicar que o desfibrilador xa está a disposición de todos/as (esperamos encarecidamente non ter que usalo) na conserxería do centro. Esta iniciativa enmárcase dentro das diferentes actividades que leva a cabo o centro a prol de hábitos de vida saudables (coma o programa de froitas frescas da Consellería de Educación que vai comezar e o do Concello de Culleredo sobre merendas saudables) e actividades de primeiros auxilios para o alumnado, profesorado e familias. Pode verse a noticia que publicou La Voz de Galicia sobre este tema no enlace https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/culleredo/2018/03/01/ria-do... e tamén no programa "A Revista fin de semana" da CRTVG no enlace http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-fds-3685120 (a partires do minuto 42 e 57 segundos).

Protocolos da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

Na seguinte listaxe poden verse e/ou consultarse os distintos protocolos que foi publicando a Consellería.

Igualdade

Convivencia

Inclusión

 

ROSALÍA SEMPRE VIVA. VIVA ROSALÍA !!!

     Para conmemorar o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro,  a Fundación Manuel María e a Deputación de A Coruña organizan unha exposición itinerante sobre a súa obra e figura,  que visitará A Coruña no mes de decembro.  Para os que,  ademáis de asistir,  queirades ver como é,  no seguinte enlace atoparedes información sobre este tema:  http://www.manuelmaria.com/recursos/outros.htm

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

     O día 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego.  Presentamos unha experiencia que fixemos na clase de Coñecemento do Medio de 4º,referente á respiración  (  o funcionamento dos pulmóns,  que elaboramos con material de refugallo  ).  Podedes ver as fotos no apartado Galería.  Tamén buscamos información sobre María Wonenburger,  Domingo Fontán e Ramón María Aller.  Por participar nesta celebración fomos agasallados con dous papaventos.  No seguinte enlace veredes uns pequenos e interesantes vídeos da TVG sobre Fontán e Aller titulados  "  As causas das cousas  ": 

Distribuir contido


by Dr. Radut