Benvidos

Benvidos á páxina web do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-20. Neste apartado iremos informando das diferentes novidades relativas ao proceso de admisión de alumnado para o curso 2019-20. O primeiro anuncio vai referido á data do sorteo público para determinar as letras de desempate para este proceso.

 

 

DÍA MUS-E FAMILIAS. O venres, 15 de marzo, celebraremos o Día MUS-E familias no centro. Neste día os pais e nais poden asistir a unha sesión MUS-E cos seus fillos/as tal e como se celebra habitualmente cos nenos e nenas no colexio.

A distribución dos horarios será a seguinte:

Teatro con Ramiro (no ximnasio):

  • De 9:50 a 10:40: 6º de Educación Infantil A (de Mónica).
  • De 10:40 a 11:30: 6º de Educación Infantil B (de Miriam).
  • De 12:20 a 13:10: 5º de Educación Infantil A (de Aurora).
  • De 13:10 a 14:00: 5º de Educación Infantil B (de Belén).

Danza con Xus (na aula de Música):

  • De 9:00 a 9:50: 2ºA de Educación Primaria (de María Pena).
  • De 9:50 a 10:40: 2ºB de Educación Primaria (de Miguel Rego).
  • De 10:40 a 11:30: 1ºB de Educación Primaria (de Diana).
  • De 12:20 a 13:10: 1ºA de Educación Primaria (de Mª José).

 

COMEDOR ESCOLAR.  Facendo clic AQUÍ poden verse e/ou descargarse os menús do comedor escolar correspondentes ao mes de febreiro.

 

ACTIVIDADES E SAÍDAS. Facendo clic AQUÍ poden verse as actividades e saídas previstas para o mes de febreiro.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS. O martes, 19 de febreiro, e o venres, 22 de febreiro, ás 16:00 horas (as dúas sesións) realizaremos visitas ao colexio, para que as familias interesadas poidan ver as instalacións e coñecer e preguntar os diferentes proxectos, actividades e/ou dúbidas que poidan xurdir no proceso de admisión de alumnado para o curso 2019-20, que terá lugar no vindeiro mes de marzo.

 

RESERVA DE PRAZA NO IES PARA O CURSO 2019-20. Os alumnos e alumnas que están a cursar 6º de Educación Primaria no noso centro no actual curso 2018-19 poden realizar a reserva de praza no noso centro adscrito (o IES Eduardo Blanco Amor) entre o 1 e o 15 de febreiro (ambos inclusive). Poden facelo cubrindo o impreso ED550A facendo clic AQUÍ ou solicitalo en Conserxería no colexio. Hai que entregalo cuberto e asinado no noso colexio entre as datas indicadas ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Adminstrativo Común, incluída a Sede Electrónica (neste caso precisarase a Chave 365 ou certificado dixital). Se hai algunha familia que ten en proxecto que o seu fillo/a solicite outro IES diferente do noso centro adscrito, deberá esperar ao mes de marzo para realizar a solicitude de admisión.

 

 RECURSOS MUNICIPAIS. O Concello de Culleredo pon a disposición do alumnado, familias e profesorado o catálogo de recursos municipais. Facendo clic AQUÍ pode verse e descargarse.

 

CALENDARIO MUS-E 2018-19. Facendo clic AQUÍ pode verse e/ou descargarse o calendario de actividades MUS-E para este curso. Esta actividade está plantexada para 5º e 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Trabállanse aspectos como a solidaridade, o respecto, a diversidade, a educación emocional, etc con artista a través de disciplinas coma o teatro e a danza.

 

CIRCULAR DE COMEZO DE CURSO. Facendo clic AQUÍ pode verse e/ou descargarse a circular de principio de curso, na que se dan informacións esenciais relacionadas co centro. É moi importante ler esta circular.

 

CALENDARIO ESCOLAR. Facendo clic AQUÍ pode verse e/ou descargarse o calendario escolar referente ao curso 2018-19.

 

Partidos do Hockey Club Liceo. Facendo clic AQUÍ pode verse o calendario de partidos do Hockey Club Liceo e as instrucións para solicitar entradas gratuítas para alumnado do colexio.

 

LISTAXE DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018-19. Facendo clic en cada curso pode verse e descargarse a listaxe de libros e material escolar para o curso 2018-19.

 
APLICACIÓN TOKAPP SCHOOL. Se algún pai ou nai ten problemas para instalar a aplicación ou non reciben as mensaxes poden pasarse por Secretaría, ou ben chamar ao servizo técnico (911232555).
 
AdxuntoTamaño
MATERIAL 3 ANOS CURSO 18-19.pdf498.88 KB
MATERIAL 4 ANOS CURSO 18-19.pdf496.59 KB
MATERIAL 5 ANOS CURSO 17-18.pdf500.94 KB
LIBROS E MATERIAL 1º CURSO 17-18.pdf503.06 KB
LIBROS E MATERIAL 2º CURSO 18-19.pdf504.83 KB
LIBROS E MATERIAL 3º CURSO 18-19.pdf502.33 KB
LIBROS E MATERIAL 6º CURSO 18-19.pdf519.23 KB
LIBROS E MATERIAL 5º CURSO 18-19.pdf536.78 KB
LIBROS E MATERIAL 4º CURSO 18-19.pdf502.38 KB
CIRCULAR PRINCIPIO DE CURSO-TOKAPP.pdf153.52 KB
CALENDARIO PARTIDOS HOCKEY CLUB LICEO.pdf25.76 KB
CALENDARIO MUS-E.pdf392.55 KB
CADRO DE RECURSOS par WEBS centros.pdf53.87 KB
CALENDARIO CURSO 2018-19.pdf96.89 KB
ED550A.pdf1.04 MB
Menú comedor febreiro.pdf2.61 MB
ACTIVIDADES E SAÍDAS DIDÁCTICAS-FEBREIRO.pdf26.48 KB
anuncio_do_sorteo_publico_anual_das_letras_de_prioridade_para_resolver_os_empates_2019_2020.pdf251.85 KB

Powered by Drupal - Design by artinet