SOMOS...

 

 

 

A SEMANA PASADA ESTIVERON "OS MERDEIROS" NO COLE

   Vestirse no entroido de merdeiro era un costume típico entre os mariñeiros da ribeira viguesa. O seu obxectivo era incordiar á xente na época do entroido, restregando indiscriminadamente ás súas vítimas con restos de peixes apodrecidos. O motivo da creación desta figura foi a xenreira existente entre mariñeiros e labregos. A vestimenta era á imitación dos escabicheiros, (persoas do rural que collían os escabiches e baleiraban os pozos negros da cidade para cuitar as súas veigas), esaxerando os elementos do traxe e apeiros máis significativos: o pucho, os símbolos e o farol.

O pasado dia 5 de febrero realizouse una actividade para 6º de primaria ofertado polo servizo de normalización lingüística do concello de Vigo na que se expón a figura do merdeiro; a súa historia, tradición, vestimenta, ……

  Conclúese cunha visualización dun documental e una representación da saída do merdeiro polas aulas do centro.

O ALUMNADO DE 3° E 4° DE E E.P. VISITARON O MERCADO...E SE CHEGAS ATA O FINAL DA PRESENTACIÓN ATOPARÁS UNHA SORPRESA QUE ATOPAMOS POR ALÍ!!!!!

   O alumnado de 4 e 3 foron ao Mercado das Travesas.Xa o tiñan feito os de 1 e 2. Ali poideron  ver os distintos tipos de postos onde se poden mercar variados comestibles como froitas, verduras, produtos de charcuteria, carniceria e peixaria.Xa todos sabemos que estamos no entroido e o mercado facíalle honra pois nos postos de froiteria ven viron os grelos, no posto do pan as orellas, non lles faltou, anque non sexa de entroido verlle moi detidamente a boca ao peixe sapo e ata lle tocaron os ollos à palometa encarnada.Ao que iamos, no posto da carne habia un carniceiro moi gracioso  que ata lles mostru unha cabeza e vaca así como mostrarlles cómo se facía a zorza,reforzàronlles a idea cun vídeo referido ao mesmo.Pero, o mellor, ttliveron a ocasión de degustar a zorza no comedor.

ALMORZOS SAUDABLES PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

   O ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, ASISTIU A XORNADA ENMARCADA DENTRO DO PROGRAMA SAUDABLE DA CONSELLERÍA DE SANIDADE ONDE FALOUSE ENTRE OUTROS, DE TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES: A PREVENCIÓN DA OBESIDADE, O FOMENTO DO HÁBITO DO ALMORZO E TERCEIRO OS ALMORZOS SAUDABLES. REMATARON LAVANDO OS DENTES DESPOIS DE UMMMMHHHH UN RIICO ALMORZO!!. ADEMAIS DAS TITORAS DESTES CURSOS, NAIS E PAIS ASISTIRON ACTIVAMENTE A ESTA XORNADA TAN AMENA!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet