GRAN PINTADA COLABORATIVA NO RÍA

Onte realizouse no "RÍA" unha gran Pintada colaborativa nos muros do patio de infantil. Achegáronse familias, alumnado e profesorado xunto coa autora dos bocetos, BEGOÑA PÉREZ HERRERA que tamén realizou os murais da entrada no noso porche.

Foi unha tarde estupenda que rematou cunha merendola para agradecer a axuda prestada. Moitas GRAZAS a tod@s. Mirade un antes e un despois do noso patio.