Ox xogos

XOGAMOS CON ANTÓN CORTIZAS

Neste mes de maio veu visitarnos Antón Cortizas. Estivo en diferentes sesións con alumnado de todo o cole.

A nós, aos alumnos/as de 5º e 6º ensinounos os seguintes xogos:

O BICO DO GALO, que é o que nós lle chamamos "comecocos".

Un paxaro con papel reciclado ... que podía mover as ás!

Ensinounos a facer un chifre de papel... aínda que non todos o conseguimos!

Cun anaco de lata fixo outro chifre.

Tamén fixo "falar" un globo.

E MOITOS XOGOS MÁIS. FOI MOI DIVERTIDO!

Premer na foto superior para acceder á galería.

Enlace á entrada sobre os obradoiros de Antón Cortizas no blog da biblioteca.

DANIELA, LÍA, RITA (5ºA)

XOGO EN FAMILIA ... CON RITMO (4ºEI)

O luns, 5 de marzo, o alumnado de 3 anos recibiu a visita da nai de Nolan para a realización de xogos musicais con vasos. Canto ritmo e canta diversión!

Moitas grazas, Elena!

Premer na imaxe ou no álbum da galería En familia onde están publicadas as fotos da participación das familas no proxecto "Os xogos".

EN FAMILIA - 4 ANOS

Unha vez máis, Iria, nai de Rosalía de 4 anos, volve ao cole. Amósanos o xogo "pasimisí, pasimisá". Pasamos un ratiño moi divertido e aprendemos a canción pasando por debaixo da ponte.

MOITAS GRAZAS POR VIR!

Máis fotos con outros grupos e outros pais/nais no álbum: En familia

XOGO COA FAMILIA

  O luns 27 de novembro veu Iria, a miña nai. Ensinounos un xogo que se chama "Mónaco declara a guerra contra..."

   O xogo é moi sinxelo e divertido. Estivemos xogando un bo anaco e, ademais de pasalo ben,  aprendemos os nomes de moitos paises de Europa. Moitas grazas, Iria!

                                                                                                                                          Mario Santalla Rico 5ºB

 

(Premede neste enlace para ir á galería de fotos de xogos das familias).

EN FAMILIA - 3ºEP

Segunda persoa animada a participar na actividade "En familia". Lembrades que a primeira foi un pai de 4ºEP? Pois ben, nesta ocasión foi unha nai de 3ºEP.

Foi o luns 6 de novembro e xa que o venres iamos celebrar o magosto ... invitou aos nenos/as a saír ao patio e participar en xogos de magosto!

Outra sesión moi divertida pola que lle damos as grazas a esta nai.

Familias, seguimos animándovos a vir xogar cos vosos fillos e os seus compañeiros!

As fotos estanse publicando na galería, no álbum "En familia".

EN FAMILIA - 4ºEP

O pai dun alumno de 4ºB foi o primeiro que se animou a participar na actividade "En familia"

Explicou a todo o alumnado de 4º curso como xogaba na rúa na súa infancia, que xogos de mesa tiña e os que máis lle gustaban, os programas infantís que emitía a televisión, cousas que coleccionaba, ....e ata agasallounos  cunha lambetada que era moi popular na súa época de rapaz e que aínda perdura.

Foi unha sesión moi divertida, os nenos e nenas quedaron moi contentos.

Queremos expresar o agradecemento a este pai e animar ao resto das familias a participar.

 

 

CIRCULAR PROXECTO "XOGOS"

Este curso no Centro vaise traballar o proxecto "XOGOS". Neste marco gustarianos contar coa vosa colaboración na actividade "EN FAMILIA".

Trátase de que vós: nais, pais, avoas, avós, tías, tíos, ... veñades á aula dos vosos fillos/as a explicar un xogo (tradicional, de mesa, de exterior, de internet...) e a xogar cos rapaces.

Sería o primeiro luns de cada mes na HORA DE LER (11:55 a 12:20).

Agardamos que esta iniciativa sexa do voso agrado, pois a través dela pretendemos un maior achegamento das familias ao Centro.

De estares interesados/as cubride a parte de abaixo da circular entregada ao alumnado o 26 de setembro e darlla á titora.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

O Equipo de Dinamización de Convivencia.

Powered by Drupal - Design by artinet