Skip to Content

Convivimos con música

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (2015)

No CEIP Recimil conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO con música.

Ademais de tratar o tema nas aulas decidimos xuntarnos no ximnasio para bailar a canción TODO PODE SER, de LA GUAGUA (ver blog). Primeiro bailamos os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. A continuación o alumnado de 3º a 6º de EP.

O equipo docente de convivencia, en colaboración co alumnado, elaborou uns carteis que representan graficamente a canción e que están expostos na entrada principal. Tamén están publicadas as fotos na galería.

A profesora de música encargouse do deseño da coreografía e dos ensaios.

EI - 1º e 2º EP 3º, 4º, 5º, 6º EP

CONCERTO DIDÁCTICO

Ola a todos e todas!! Os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º curso de Educación Primaria, o pasado mércores 11 de novembro, asistimos a un concerto didáctico no auditorio de Caranza.

Até alí fomos camiñando, agás os nenos e nenas de 3 anos que foron no autobús. Ao chegar, agardamos a que comezara o concerto que levaba por nome “Iván e o lobo gris”,representado pola Asociación Musical Musicreques.

Foi moi divertido!! Mediante un teatro de monicreques coñecemos as aventuras de Iván cando ía paseando polo bosque, en momentos pasamos medo…e sabedes que? A historia estivo acompañada de música que tocaban dúas pianistas… que fermoso, gustounos moito!!

 Aquí deixamos algunhas fotos:

Blog da Asociación Musical Musicreques

MÚSICA EN FAMILIA

"Convivimos con música". Así se chama o proxecto no que a

música serve de fío condutor de moitas actividades a desenvolver no

centro.

Unha desas actividades é Música en familia, na que o primeiro

luns lectivo de cada mes a música chega ás aulas da man das familias.

Premendo na imaxe pódense ver as fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut