Skip to Content

Curso 2011-12

Fin de curso Educación Primaria (2011/2012)

O alumnado de primaria despediu o curso coas seguintes actividades:

  • Final do torneo de fútbol. Campións: 5º A.
  • Festa no ximnasio animada por monitores e profesorado do centro.
  • Entrega de agasallos do concurso "Poemas de Primavera" convocado polo colexio de Ventín.
  • Entrega de agasallos do I certame de debuxo "Carmen Martín" convocado pola ANPA. (Relación de premiados no blogue da ANPA)

Pinchar aquí ou na imaxe para ver as fotos.

Excursión fin de curso 2º ciclo EP

O xoves 14 de xuño o alumnado de 2º ciclo de Primaria realizou unha saída en tren a Betanzos para pasar o día no parque do Pasatempo.

(Ver fotos)

Trátase dun parque temático creado en 1893 cun tamaño orixinal de 90.000 m2 e do que actualmente só se conserva unha décima parte: covas e pasadizos subterráneos, murales policromados, un xigantesco león, o estanque do retiro... E na parte moderna un parque con zona de xogos e un labirinto. 

ALVARELLA 6º

PARLAMENTO E MUSEO DO POBO GALEGO

      O pasado dìa 5 de xuño o alumnado de 5º de Educación Primaria ocuparon os escanos no hemiciclo do Parlamento de Galicia e simularon a presentación e debate dalgunha que outra proposición de lei. Acompañados por Higinio percorremos as distintas dependencias do pazo do Hórreo e ata nos saudou o deputado Fernando Blanco que nos deu unha calurosa benvida.

       Pola tarde disfrutamos coa visita ao Museo do Pobo Galego.

 

Parque Raíña Sofía

  Os alumnos/as de 4º de E. Primaria relizamos unha saída  ao parque Raíña Sofía e alí visitamos o xardín didáctico da auga Aquaciencia e a Aula de Ecoloxía Urbana.

  En Aquaciencia vimos  varias formas de utilizar a enerxía da auga e as súas propiedades. Coñecimos a historia dos aparellos e máquinas que utilizan a auga: acuedutos,  noras, reloxos de auga… e viaxamos nun transbordador que se desprazaba pola auga cando nos tirabamos dunha corda. Aprendimos a aplicación destes mecanismos e a súa pervivencia na nosa vida diaria.

 

  Na Aula de Ecoloxía Urbana participamos nun obradoiro que consistía nun xogo chamado “Consupoli”orientado a  desenvolver en nós hábitos de consumo responsable e concienciarnos de que ás veces compramos e gastamos máis do que realmente precisamos,  facéndonos pensar na deterioración ambiental derivada do exceso de consumo.

 

 Preme aquí para vernos xogando ao "Consupoli".

Correlingua

  O pasado xoves 3 de maio os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso de E. Primaria participaron na 13ª EDICIÓN DO CORRELINGUA, que baixo o lema "Galego todo o que buscas" reuniu no Pazo da Cultura de Narón a casi un millar de escolares de Narón, Ferrol e San Sadurniño.

  Tomaron parte na "carreira pola lingua", asistiron á actuación de Iria Sobrado e da agrupación musical Pirilampo e participaron en xogos populares ao longo de toda a mañá.

 

No seguinte enlace podedes ver máis fotos.

14º CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO ECOLÓXICO

    A alumna de 4º curso de E. Primaria do CEIP Recimil Sabela Deibe Vizoso  acadou o segundo posto  na categoría establecida para este nivel no 14º Concurso Infantil de Debuxo  Ecolóxico patrocinado polo Concello de Narón e a Cadena COPE Ferrol.

    Sabela asistiu xunto con outr@s compañeir@s o pasado 26 de abril ao Salón de actos do Auditorio Municipal de Narón á entrega de premios, acto no que lle foi entregado un merecido agasallo.

O seu debuxo está relacionado, como os de todos os participantes, co medio ambiente.

Parabéns para Sabela!

Poesía e Imaxe (2012)

Alumnado de 1º, 4º e 5º de Primaria participaron no certame "Poesía e Imaxe" convocado polo Concello de Ferrol.

Trátase dun concurso que propón poemas en varias linguas (coa tradución ao galego) para que os rapaces e rapazas os ilustren.

A continuación podedes ler os poemas seleccionados en cada nivel así como unha mostra das ilustracións.

 

Visita ao colexio do escritor Silvestre Gómez Xurxo

Oxoves 12 de abril visitou o noso colexio o escritor Silvestre Gómez Xurxo, autor do libro titulado Ti non xogas! que limos este curso os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de E. Primaria.

Ti non xogas! trata dun neno, Suso, ao que outro compañeiro, Róber, ten apartado dos xogos no patio do recreo. Suso sofre moito sen que case ninguén o saiba.

Fíxonos pensar sobre estas situacións nas que  moitos de nós estivemos alguna vez, unhas veces sendo Suso e outras sendo Róber.

Silvestre falounos que escribiu sobre esta situación porque como mestre que é, sempre lle deu moita importancia ás cuestións da convivencia entre os alumnos e alumnas, pois tan importante como saber moitas materias e sacar boas notas é saber respectar aos compañeirose compañeiras e non separar nin diferenciar a ninguén.

Antes de despedirse de nós este escritor moi amablemente asinounos o exemplar deste libro que nós temos.

Moitas grazas Silvestre pola túa visita!

 

Enlace a todas as imaxes da visita.

Ponlle as pilas ao teu bocata

O luns 10 de abril, o programa "Ponlle pilas ao teu bocata" (desenvolto pola Consellería do Mar para fomentar o consumo de conservas) chegou ao noso centro.

O alumnado do 2º e 3º ciclo de primaria puido comprobar que os bocadillos, ademais de chourizo, xamón ou queixo tamén se poden facer de peixe. Para escoller había sardiñas, atún e mexillóns en lata, tomate natural, leituga e maionesa. Cada rapaz e rapaza elaborou o seu propio bocadillo segundo o seu gusto... e segundo a fame que tiña nese intre.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut