Skip to Content

Admisión e matrícula

PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

 

Documentación necesaria

  • Copia do DNI/NIE/pasaporte das persoas proxenitoras.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (libro de familia/DNI/partida de nacemento).
  • No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.

A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados.

Logo de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicando no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

Prazos (de 9:30 a 13:30 horas)

  • 1 ao 20 de marzo de 2024: presentación solicitude.
  • 21 de marzo a 11 de abril: presentación documentación acreditativa en caso de baremar.
  • 25 de abril: listaxe provisional de admitidos e non admitidos.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización matrícula.

Documentos e impresos

Lexislación básica

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro. 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024

Se no neno ou nena foi admitido nas listaxes publicadas o pasado maio, deberase formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2023/24

Xa están expostas no taboleiro do colexio as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o curso que vén.

IMPORTANTE: lembra que agora, se no neno ou nena foi admitido, deberás formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut