Skip to Content

Novas ANPA

FESTA NADAL 2023

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

ANPA CEIP RAQUEL CAMACHO

Convócase @s soci@s da Anpa Ceip Raquel Camacho a unha asemblea xeral o vindeiro luns 9 de outubro de 2023 ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, que se celebrará no comedor do colexio coa seguinte orde do día:

PRIMEIRO.- Renovación na Xunta Directiva. 


SEGUNDO.- Presentación e aprobación de contas do curso 2022-2023 e orzamento estimado para o exercicio 2023-2024.


TERCEIRO.- Información sobre a Escola de Nais e Pais.


CUARTO.- Madrugadores, comedor, actividades extraescolares…


QUINTO.- Propostas organización eventos curso 2023-24


SEXTO.- Suxestións, rogos e preguntas.



Rogamos a vosa asistencia.


Lembrade que, se por motivos laborais ou doutra índole non puidésen asistir, é posible mandar a algún familiar (av@s, tí@s...) na súa representación para achegarnos a súas opinións e informarlles das cuestións que se traten na devandita reunión.

ACTIVIDADES CON DESCONTO PARA SOCI@S

Este ano volvemos ofrecer un desconto e prezos especiais (só para soci@s da Anpa 23/24) na seguinte empresa que ofrece actividades extraescolares no noso barrio.

Para desfrutar destos descontos, pediranvos o QR de soci@ do curso 2023/24 que, se ainda non recibechedes, tedes que solicitarnos ao noso email: anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com.

Esperamos que o poidades aproveitar!

 

EDUKAJUDO

"O noso obxetivo é instaurar hábitos de práctica deportiva e valores sociais para que @s nos@os alumn@s podan gozar dunha vida saudable e equilibrada".

(R/Almirante Mourelle, 41. Tlfo: 981 90 00 71 email: info@edukajudo.com

JUDO: do 11 de setembro ó 30 de xuño.1 día á semana 20€/mes, 2 días á semana 30€/mes. Inscrición e horarios AQUI.

 

CAMBIADORES E CUSTODIA

Infórmase de que non haberá servizo de cambiadores nin custodia xa que non se acadou o mínimo de dez usuari@s inscrit@s.

Quen precise algún destes servizos deberá inscribirse antes do 25 de cada mes, tendo en conta de que só se ofrecerán estes servizos no caso de haber mínimo dez usuari@s inscrit@s.

Máis info e prezos aquí.

Inscripcións: Arume 986 45 30 40 / 630 36 38 44 ou contactar no mail

info@arumeservicios.es

 

Distribuir contido


by Dr. Radut