Skip to Content

Plan Proxecta, Aliméntate ben!

ALIMÉNTATE BEN

FROITAS ARREPIANTES

Álbum: 1_CURSO 2019-2020 -> Froitas que están de medo

Sabedes o dito de: A letra con sangue entra?

Pois non, comprobado empiricamente.

Despois das investigacións feitas nestas semanas na clase... Podemos afirmar que a letra, con chocolate entra!

Todos querían formar as súas primeiras e frutíferas palabras. Sen dúbida o chocolate motiva moito.

Aproveitamos as froitas de tempada para transformalas en arrepiantes cabazas, Frankenstein e pantasmas, xogamos cas súas letras, as sílabas, e as comemos, por suposto.

Animádevos a probar na casa, é moi sinxelo.

 

FAME NEGHRA

Álbum: 1_Educación Infantil 2019-2020 -> Receitas arrepiantes

Falta pouco para o Samaín e, na nosa clase, o MEDO trae fame, unha fame neghra!

Como tanto nos gusta, tocou cociñar. Estaremos na cociña metidos toda a semana facendo arrepiantes e sobre todo saudables receitas de Samaín. Aquí podedes ver como quedaron as pizzas de araña e os dentes de zombi. Só o podedes ver porque estes pequenos non deixaron nin a proba...

A que dixen

 

 

COA COMIDA SI SE XOGA!

Álbum: 1_CURSO 2019-2020 -> Día da Alimentación (16 de outubro de 2019)

No día mundial da alimentación aproveitamos para xogar coa comida!

Que divertido é...Clasificamos alimentos, os comemos, xogamos cas súas letras e ata cantamos cancións.

Unha boa alimentación é fundamental e os nosos nenos/as sábeno ben Risa

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Álbum: 1_Educación Infantil 2019-2020 -> Día da Alimentación

Non me cansarei de recomendar a froita a calquera hora do día. E que mellor forma de lembrar este 16 de outubro, día mundial da alimentación, cunhas ricas mazás que nos agasalla o cole!

Neste día, lemos contos moi interesantes como Tanta Miga, A pequena oruga glotona, Alimentación sa, Golosina e perrozoso...Tamén fixemos sorrisos de mazá e por suposto, as comemos. Que boas estaban!

TANTA MIGA, TANTA MIGA,

MÁIS FROITA,

E MENOS BARRIGA!

Distribuir contido


by Dr. Radut