Skip to Content

Saídas e visitas

VISITA Á EIM AGRA DO ORZÁN

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Visita á EIM Agra do Orzán no Magosto

SAÍDA Á DOMUS DE 3º DE EP

Álbum: Educación Primaria 2018-2019 -> Saída á Domus

Hoxe os dous terceiros fomos á Domus en autobús.

Cando chegamos vimos a primeira planta, que ten moitas cousas, por exemplo: unha barra para colgarse e saltar, o cadro da Monalisa feito con fotos, un oído, unha estatua dun señor moi alto...

Na segunda planta había un xogo para poder tirar penaltis, un piano, un xogo para adiviñar o que debuxaba outra persoa, outro no que había que relaxarse...

Na terceira había unha máquina dun corazón que parecía de verdade, había ósos, esculturas de homes primitivos...

Pero o mellor de todo foi que vimos unha película en 3D que se chama Pequenos xigantes.

Pasámolo estupendamente!!

Texto: o alumnado de 3º.

SAÍDA AO FÓRUM PARA VER "PULGARCITO" DE 5º DE EP

Álbum: Educación Primaria 2018-2019 -> Saída ao Fórum (Pulgarcito)

SAÍDA A EROSKI

Álbum: Educación Primaria 2018-2019 -> Comida saudable con Eroski

O xoves da semana pasada, fixemos unha saída ao Eroski. Antes de saír, déronnos unha charla para concienciarnos dos hábitos de vida saudables e moitas cousas máis, para poder facernos preguntas despois. Primeiro, fomos pola sección de froitaría. Sempre nos daban información interesante. Logo, fomos á sección de peixería e contáronnos que, se un peixe ten a cola en forma de V, é un peixe azul. O seguinte foi ver a chacinaría e a carnizaría e os carniceiros ensináronnos as protección que necesitaban levar, a súa roupa de seguridade. A visita rematou cunha merenda saudable: froita con chocolate. Xogamos e déronnos unha mochila con auga, froita e unha revista. Estivo xenial!

Texto de Sandra P. e Andrea H. (5º B).

SAÍDA AOS BOMBEIROS/AS

Álbum: Educación Primaria 2018-2019 -> Saída aos bombeiros

Onte fomos aos bombeiros. Foi moi guai! As profes apagaron lume, rescatamos persoas, puxémonos traxes e o que máis me gustou foi cando nos metemos nunha casa chea de fume de mentira. Non viamos nada, só viamos vermello e azul. Tamén vimos un vídeo para evacuar o cole en caso de incendio. Tamén puidemos ver como quedaba un coche despois dun accidente. Ensináronnos cantos quilos cargaba un bombeiro/a nun rescate. Cando rescatamos uns maniquís de morreren afogados, tivemos que presionarlle o peito ao ritmo da Macarena.

Texto de Uxía S.P. (6ºB).

Distribuir contido


by Dr. Radut