Skip to Content

Saídas e visitas

SAÍDA AO MUNCYT (4º EP)

Álbum: 1_Educación Primaria 2018-2019 -> Saída ao Muncyt

Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe gráfica da visita ao Muncyt do alumnado de 4º de EP.

CONTO DE NADAL NAS ESCOLAS INFANTÍS DO BARRIO

Dentro da iniciativa Bibliotecas Escolares Solidarias do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, mañá e pasado iremos lerlle un contiño de Nadal ao alumnado da EIM Agra do Orzán e da EI O Ventorrillo. Preme na imaxe de embaixo para ver máis.

SAÍDA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Álbum: 1_Educación Primaria 2018-2019 -> Saída ao Aquarium Finsterrae

Os alumnos de 5º fomos a semana pasada a facerlle unha pequena visita ao tiburón máis famoso de toda Galicia: Gastón! Pasámolo en grande e gozamos del e dunha morea de peixes, focas e moitos máis animais mariños.

IMAXES DO PRIMEIRO DÍA MUS-E EN GALICIA

Álbum: 1_Educación Primaria 2018-2019 -> Primeiro Día MUS-E en Galicia

O outro día anunciábamosvos que se ía celebrar o Día MUS-E e hoxe traémosvos as fotos do evento. Podedes ver unha foto máis en La Voz de Galicia, que se fixo eco do evenco.

Imaxe: Ángel Manso.

PRIMEIRO DÍA MUS-E EN GALICIA

O CCM Os Mallos acolle a primeira edición do Día MUS-E Galicia o vindeiro martes, 11 de decembro, ás  11:30 da mañá. Neste acto cultural e educativo, daranse cita preto de 300 alumnos e alumnas cos seus familiares, representantes dos 5 centros escolares que participan do programa MUS-E este ano en Galicia.

Os sete artistas galegos que forman parte do programa e o seu alumnado representarán unha performance Soñarche, onde a través do teatro, a danza, as artes plásticas, unen nun traballo de encontro para soñar e traballar xuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut