Skip to Content

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

 

Por acordo da Xunta Directiva do Anpa “La Esperanza”, convócase a tod@s @s Asociad@s á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o día 04 de Maio de 2021, ás 16:00 h en primeira convocatoria e ás 16:30 h en segunda, por videoconferencia,  segundo o seguinte:

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación da acta da última asemblea.

2. Presentación e aprobación se procede das contas correspondentes ao curso 2019-2020.

3. Cambio empresa cátering do comedor, e presentación das propostas alternativas.

4. Votación.

5. Rogos e preguntas.

 

Á Asemblea poderán asistir tod@s @s asociad@s, pais/nais ou titor@s legais d@s alumn@s do CEIP Raquel Camacho da Coruña. Terán dereito a un voto por familia, podendo exercer ese dereito o pai, nai ou titor/a legal dos alumn@s.

Este ano, seguindo o protocolo Covid-19, a asemblea xeral será integramente en liña (enviarase un email a tod@s @s soci@s coa ligazón da reunión para conectarse).

Debido á importancia do tema para tratar, rogamos a maior asistencia posible e lémbrase que se realizará a votación tan pronto sexan presentadas as opcións dispoñibles.

A Coruña, 20 de Abril de 2021,

ANPA Ceip Raquel Camacho



page | by Dr. Radut