Skip to Content

ATA SETEMBRO!!

 

Chegou o momento da despedida...

Foi este un curso raro e atípico debido ás circunstancias. Desde a xunta directiva do Anpa queremos agradecervos a vosa colaboración e esperamos que gozásedes das festas que organizamos (Nadal, Entroido).

Quedáronsenos moitas cousas no tinteiro (Escola de Pais con talleres de cociña e charlas sobre seguridade na internet no móbil... a festa de fin de curso e as exhibicións das actividades), pero esperamos poñelas en práctica o próximo curso (se as circunstancias permíteno). 

Queremos mandar un especial saúdo aos alumnos de sexto que empezan un novo camiño o próximo curso en secundaria; sentimos moito non poder celebrar unha gran festa de fin de curso e que non puidesen ir de excursión. E seguindo coa tradición de anos anteriores de dar unha pequena axuda económica aos socios de sexto do Anpa que van á excursión que organizan as profesoras e, como este ano non foi posible, decidimos facerlles un detalle para que teñan un recordo do seu paso polo colexio. (foto)

Pedímosvos que esteades atentos á web e ao correo electrónico, xa que se publicará aquí a información sobre as inscricións do servizo de comedor e madrugadores tan pronto como dispoñamos dela.

Sen máis, só pedirvos que vos coidedes moito e desexarvos a todos que gocedes do verán. 

Vémonos á volta!!!

 



page | by Dr. Radut