Skip to Content

UN CONTO DE MEDO INVENTADO

Sabedes que hai uns días falláronse os premios do concurso de relatos de medo organizado pola nosa bilbio. Nós quixemos participar inventando un conto e saíunos un titulado A momia Princesa e o vento (Pricesa en maiúsculas porque se chamaba así). Premede na imaxe para velo no teu dispositivo.

Como se fixo (making-of)

Unha nena tirou o dado de inventar historias de medo. Saíu unha momia. Buscámoslle un nome: Princesa. Pensamos como sería a súa casa: un castelo rosa e morado. E, como en toda historia sempre aparece un problema, nós escollemos que o vento forte derrubaba o castelo da momia. O relato non podía rematar coa casa en ruínas e, por iso, ocorréusenos unha solución: Princesa subiríase a un coche e buscaría un novo castelo.



page | by Dr. Radut