Skip to Content

HISTORIETAS NÚMERO 1

Unha das publicacións históricas do noso colexio chamábase Historietas. Publicada por primeira vez no curso 1998-99, tratábase dunha recompilación de bandas deseñadas, cómics ou tebeos (nin eles e elas o tiñan claro; como se pode ver na portada) creada polo alumnado de todos os cursos.

Neste primeiro número mesmo se poden ver un par de cómics da xente de 1º e 2º da ESO que, daquela, aínda asistían ao noso colexio (eran os antigos 7º e 8º de EXB, claro). Os máis vellos e vellas do lugar recordarano.

Continuará.



page | by Dr. Radut