Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Convivencia

DÍA DA MULLER

O día  8 de marzo  reunímonos para  celebrar o Día Internacional da Muller.

Os voluntari@s de 6º de EP foron os encargados de guiar o acto e a canción de "Tataravoa" de Fillas de Casandra foi a elixida para conmemorar este día:

 Este día  non é só unha ocasión para lembrar os logros históricos das mulleres na loita pola igualdade de xénero, senón tamén aproveitamos para reflexionar sobre os desafíos que aínda enfrontan as nenas e as mulleres en todo o mundo.

Así, este ano as nosas conclusións quedaron plasmadas nestasbolboretas:


Finalmente compartir con todos e todas este DECÁLOGO realizado polos alumnos e alumnas de 3º de E.P:

 

DÍA DA PAZ

Sorriso DÍA DA PAZ Sorriso

Este ano, no Día da Paz plasmamos a DIVERSIDADE como un valor que enriquece as nosas comunidades e sociedades, achegando unha variedade de experiencias, coñecementos e habilidades. O respecto á diversidade implica aceptar e valorar as diferenzas, recoñecendo que cada persoa é única e ten algo único que achegar ao mundo.

 

 

 

Estes bonecos representan a importancia da coexistencia pacífica e respectuosa de diferentes culturas, razas, relixións, opinións…para acadar un mundo en PAZ.

 

 

25 de Novembro. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Traballar a igualdade de xénero desde a escola, é a base fundamental dunha sociedade libre de violencias de xénero. Neste sentido, as actividades realizadas este ano dese as diversas titorías, xiraron en torno a eliminación dos esteriotipos relacionados co xénero,así como previr situacións de discriminación sexista.

Baixo o lema "A IGUALDADE ESTÁ NAS NOSAS MANS" reflexionamos sobre a igualdade dende diferentes perspectivas e rematamos cun obradoiro de MANS onde cada un de nós expresamos o noso rexeitamento á violencia de xénero.

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celebrouse un ano máis o Día Internacional dos Dereitos da Infancia.

Pero como todos sabemos, hai moitos países nos que tanto os dereitos dos/as nenos/as como os dos adultos NON SON RESPECTADOS.

Por este motivo, familias enteiras vense na obriga de marcharen dos seus respectivos países e vivir noutros como refuxiados.

Este é o caso de dous alumnos afgáns que acaban de chegar ao noso centro e que elaboraron este bonito mural coa colaboración do alumnado de 4º B, coa intención de lembrarnos a todos/as, en galego, castelán e persa, que os Dereitos da Infancia DEBERÍAN DE SER RESPECTADOS EN TODO O MUNDO.

8 de marzo. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Todos os anos o día 8 de marzo celébrase en todo o mundo o "Día da Muller Traballadora"

Aquí vos deixamos uns vídeos para reflexionar sobre a IMPORTANCIA de dita celebración!

 

 

Mindfulness

Ola de novo!

Esta vez ímosvos facer unha proposta para aprender a estar tranquil@s.

Aquí vos deixamos un vídeo titulado...

 "Tranquil@s e atent@s coma unha ra" 

Poñedevos cómod@s e... a practicar!

 

Mindfulness

Ola rapazas e rapaces de Randufe!

Aquí estamos de novo cunha nova proposta. Esta vez unha práctica guiada de relaxación.

Poñedevos cómodos e... a relaxarvos …

Mindfulness

01/11/2021 18:47
Europe/Madrid

Dende o Departamento de Convivencia iniciamos esta sección onde publicaremos cada mes exercicios relacionados coa práctica do “Mindfulness”

Para xenerar unha adecuada convivencia é preciso estar serenos e tranquilos tanto física como mentalmente.   

Practicando “Mindfulness” sentirémonos…

          Máis tranquil@s.

                      Con maior grao de concentración.

                             Máis segur@s de nós mesm@s.

                                      Máis amables cos demais.

Comezamos cun conto para aprender a respirar. Procurade un espazo tranquilo, poñédevos cómodos e  escoitade…

DÍA DA MULLER

O día  8 de marzo  reunímonos para  celebrar o Día Internacional da Muller.

Os voluntari@s de 6º de EP foron os encargados de guiar o acto e a canción de "Tataravoa" de Fillas de Casandra foi a elixida para conmemorar este día:

 Este día  non é só unha ocasión para lembrar os logros históricos das mulleres na loita pola igualdade de xénero, senón tamén aproveitamos para reflexionar sobre os desafíos que aínda enfrontan as nenas e as mulleres en todo o mundo.

Así, este ano as nosas conclusións quedaron plasmadas nestasbolboretas:


Finalmente compartir con todos e todas este DECÁLOGO realizado polos alumnos e alumnas de 3º de E.P:

 

A NOSA CONSTRUCIÓN POLA PAZ

E...despois de disfrutar e aprender a través dos contos, fixemos unha  creativa "Construción pola Paz" que aquí vos presentamos. Cada ladrillo representa un valor importante para a convivencia.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!

Esperamos que vos guste. 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut