Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

O venres 13 de novembro publicouse a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria.

Dita Orde podedes consultala no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.pdf

Serán BENEFICIARIOS de máscaras o seguinte alumnado:

  • O alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar (non ten que presentar solicitude)
  • O alumnado que NON foi beneficiario das axudas de material escolar ten que presentar solicitude (achegar copia do libro de familia) e cumprir os criterios establecidos na Orde anteriormente citada: Renda familiar per cápita igual ou inferior a 6000 euros (renta ano 2018); se é alumnado de Educación Especial, se está tutelado pola Xunta ou ten unha discapacidade recoñecida de máis do 65%.

As SOLICITUDES realizaranse de forma presencial no centro educativo. Será preciso solicitar CITA PREVIA para proceder a súa entrega.

O PRAZO de entrega será do 16 ao 27 de novembro ambos inclusive.

Na páxina web se publicará o procedemento para a entrega das máscaras, así como as datas establecidas para o mesmo.

Un saúdo.



page | by Dr. Radut