Skip to Content

INFORMACIÓN 3º TRIMESTRE E ADAPTACIÓNS PROGRAMACIÓNS

Segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para o desenvolvemento do 3º trimestre do presente curso, informamos do seguinte:

Respecto ao calendario escolar, as actividades lectivas que se desenvolven durante o 3º trimestre do curso 2019/2020, sempre condicionadas pola situación sanitaria, non se estenderán máis alá do 19 de xuño (data establecida na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020).

Durante este 3º trimestre, os mestres continuarán coa atención do alumnado propoñendo actividades para a súa aprendizaxe continua e adaptadas á súa idade e características, así como á situación excepcional que están a vivir. Estas actividades serán globalizadoras e interdisciplinares.

En canto a avaliación, será continua e formativa. Terá en conta os dous primeiros trimestres así como as actividades que se están a desenvolver neste 3º trimestre: actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación de aprendizaxes anteriores,  sempre e cando beneficie ao alumnado.

A repetición de curso será unha medida excepcional. Aqueles alumnos ou alumnas que rematen o curso con algunha área con cualificación negativa, elaborarase un plan de recuperación para seguir no vindeiro curso 2020/2021.

Por todo isto, e como dictan as instrucións, os mestres de primaria, titores e titoras e especialistas, adaptaron as súas programacións tendo en conta cales son as aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberá desenvolver o alumnado en cada área. Poden consultarse a continuación:

 

AdxuntoTamaño
1º EDUCACIÓN PRIMARIA461.58 KB
2º EDUCACIÓN PRIMARIA634.24 KB
3º EDUCACIÓN PRIMARIA328.41 KB
4º EDUCACIÓN PRIMARIA94.46 KB
5º EDUCACIÓN PRIMARIA741.25 KB
6º EDUCACIÓN PRIMARIA737.19 KB
EDUCACIÓN FÍSICA148.15 KB
INGLÉS567.84 KB
MÚSICA236.54 KB
RELIXIÓN238.81 KB