Skip to Content

NAVEGANDO XUNTOS

Coas fermosas palabras de Manuel María enviámosvos todo o noso agarimo.

Apertas e coidádevos moito.

 

NOVAS

Benqueridas familias:

Dende o colexio volvemos a repetir o noso desexo de que todas e todos vos atopedes ben.

Remata o trimestre, e imos iniciar unha pequena pausa que coincide cos días non lectivos de Semana Santa (dende o luns 6 ata o luns 13 de abril, ambos inclusive).

Como vos informamos anteriormente, nesta avaliación tívose en conta o traballo e os contidos realizados ata o día 13 de marzo. Ás 18:00 horas publicaranse a través de abalarMóbil as notas deste trimestre.

Se tendes algún problema co servizo, recordade que podedes poñervos en contacto co colexio a través do correo electrónico.

Voltaremos o vindeiro 14 de abril con novas recomendacións e informacións. Estade atentos á páxina web e notificacións que se poidan comunicar vía abalarMóbil.

Lembrade que Cascarilla sempre ten algún agasallo no seu blog para todos nós.

Aproveitamos para enviarvos a noraboa polo ben que o estades a facer nesta situación tan dura e extraña que nos tocou vivir.

Un saúdo moi agarimoso.

NOVAS TAREFAS

Nova semana, novidades de recomendacións e tarefas.

Ao final das tarefas dos cursos e especialistas, tendes un xogo especial de oca e unha actividade que podedes facer coas vosas familias.

Non esquezades visitar a Cascarilla, sabemos que vos bota de menos, coma todos nós.

Ánimo para todas e todos!

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Benqueridas familias:

Desde o colexio imos comezar cun novo sistema de comunicación entre as familias e o profesorado, ademais da que xa se viña mantendo ata agora a través do correo electrónico do centro.

 

Trátase da aplicación abalarMóbil. Somos coñecedores de que moitas familias xa a tendes descargada, pero na situación que nos atopamos, vemos necesaria a extensión a todas as familias do colexio para ter un maior contacto.

 

Esta aplicación permite que as familias consultedes información sobre os vosos fillos a través do teléfono móvil dende calquera lugar, de maneira cómoda e rápida. Así, a través do servizo de mensaxes, as familias poderedes comunicarvos coas mestras e mestres das vosas fillas e fillos e viceversa.

 

Achegámosvos unha guía para as familias onde se explica cómo facer a descarga da aplicación e as funcións das que dispón.

 

Se tendes algún problema coa aplicación, podedes poñervos en contacto a través do correo electrónico do colexio.

 

Aproveitamos para informarvos, que recibidas instrucións da Consellería, estamos avaliando este 2º trimestre cos contidos traballados ata a declaración do estado de alarma, o pasado 13 de marzo.

 

A publicación das notas da 2º avaliación será a través da aplicación abalarMóbil.

 

O profesorado continúa a elaborar material para o alumnado e seguirase  colgando na páxina web ata o venres día 3 de abril, inicio da semana santa. Á volta, continuaremos publicando novas tarefas.

 

Informámosvos tamén, de que neste curso NON se realizará a proba de avaliación diagnóstica en 3º nin 6º de Educación Primaria.

 

Para calquera dúbida ou consulta, estamos á vosa disposición no correo electrónico do colexio: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es

 

Grazas pola vosa colaboración e moito ánimo para todas e todos!  

NOVAS TAREFAS

Benqueridas familias:

Desexamos que todos e todas vos atopedes ben.

Pasada a primeira semana que nos tocou quedar na casa, deixámosvos novas actividades para os vindeiros días.

As propostas que vos facemos dende o colexio, son actividades que, sin ser avaliables, poden axudar a manter unha rutina de traballo, repaso e consolidación de contidos.

As tarefas e recomendacións que xa foron anteriormente colgadas na páxina web, mudaron de sitio. Agora atópanse na parte dereita da páxina, no bloque que se chama "Recomendacións e Tarefas". Aí, tendes por niveis e especialidades, todas as actividades propostas anteriormente por se nalgún momento queredes volver a consultalas.

Tamén, na parte dereita da páxina aparece un logo chamado "Aulas Galegas". Se pinchades nel, veredes que vos dirixe a un portal educativo cheo de recursos en galego para todos os niveis.

Recordade visitar a páxina web porque iremos colgando contido para todas e todos.

Para calquera dúbida, estamos en contacto a través do correo electrónico: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es

Recibide unha aperta grande!

 EDUCACIÓN FÍSICA

 

TAREFAS E RECOMENDACIÓNS PARA O NOSO ALUMNADO

Benqueridas familias:

O primeiro de todo, pedir desculpas por non ter as tarefas á vosa disposición antes, pero por mor de problemas técnicos e que a web do colexio estivo toda a fin de semana en mantemento por parte dos servizos técnicos da Consellería, non as puidemos colgar antes.

A Consellería de Educación publicou no portal educativo unhas medidas a adoptar polos centros educativos na que puntualiza que o profesorado programaráactividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, pero non terán carácter de avaliables”.

Ante esta difícil situación, pretendemos achegarvos recursos que vos poidan axudar na tarefa de manter ás nenas e nenos realizando actividades curriculares de aprendizaxe.

Somos conscientes de que as situacións serán tan diversas como as familias: algúns estaredes con eles na casa, outros non poderedes, e todos teredes que asumir tarefas que impiden prestarlles atención continuada.

A situación excepcional que nos toca vivir, require que todos poñamos un pouco da nosa parte e sabemos que a todos se nos pide un gran esforzo. Por todo elo, queremos agradecer a vosa colaboración e enviarvos moito ánimo que vos axude a levar da mellor forma posible estes momentos.

Seguide atentos á páxina web do colexio polas novidades que poidan xurdir e tamén, porque nalgúns casos, aparecerán novos contidos.

Recordade que ante calquer dúbida, estamos á vosa disposición no correo do colexio: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es

Unha aperta para todos.

As mestras e mestres do CEIP Ramón de la Sagra. 

NOVIDADES CRISE COVID-19

Informamos das seguintes novidades:

· Decretado o Estado de Alerta e o de Alerta Sanitaria, polo Goberno de España e Galicia, o colexio permanecerá pechado na súa totalidade e non se recibirán visitas.
 
· Segundo o RD 463/2020 do 14 de marzo de 2020, publicado no BOE e a Resolución do 15 de marzo de 2020 publicada no DOG, interrómpense o prazo de solicitudes de admisión. O cómputo de prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o Real Decreto.
 
· Respecto ás actividades a realizar polo alumnado, éstas estarán dispoñibles na páxina web do centro en canto sexa posible. O mantemento da mesma por parte da Consellería, non facilitou poder colgar o contido preparado polo profesorado.
 

INFORMACIÓN CRISE CORONAVIRUS

Como xa coñeceredes a través dos medios de comunicación a información ofrecida polo Presidente da Xunta, suspéndense as actividades lectivas nos centros educativos de Galicia oficialmente  o vindeiro luns día 16 de marzo e durante 14 días.

Maña venres 13 de marzo, o centro permanecerá aberto aínda que a asistencia non é recomendada. Serán as familias as que decidan a asistencia.

A Consellería de Educación acaba de publicar no portal educativo as seguintes medidas:

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

ADMISIÓN 2020-2021

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ DO 1 AO 23 DE MARZO NA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 12:00 A 14:00 HORAS.

O impreso de solicitude  poderá recollerse na conserxería, na secretaría do centro ou descargarse na páxina web (ANEXO II). Tamén poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, dentro do portal da Consellería de Educación, ou descargalo e cumprimentalo de forma manual polas familias.

As familias poden consultar a información relevante respecto á admisión para o vindeiro curso premendo aquí e consultar a resolución do resultado do sorteo anual das letras de admisión 2020 no documento adxunto.

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º NO IES OTERO PEDRAYO

Á ATENCIÓN DAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DE SEXTO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA DESTE CENTRO

   De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Do 12  de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

    1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES Ramón Otero Pedrayo.

   2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión.

   3. As familias que no vindeiro curso 2020-21 desexen que os seus fillos cursen os estudos no referido instituto deberán presentar no noso Centro, entre os días 1 e 17 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013).  O alumnado deberá entregar as solicitudes, debidamente cumprimentadas, ao titor/a. 

Se vostedes o prefiren, tamén poden realizar a reserva directamente na aplicación admisionalumnado, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

   4. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar a perda de prioridade.

   5. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo

Distribuir contido