Skip to Content

TAREFAS FINAIS 15 XUÑO

Ola a todas e todos!

Aquí vai a última entrega de tarefas deste curso atípico. 

Estade atentos e atentas para algunha sorpresiña que aparecerá nesta páxina web.

 

TAREFAS SEMANA 8 XUÑO

Ola a todas e todas!

Desexamos que esteades ben.

Segunda semana de xuño e aquí tedes as recomendacións e tarefas:

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020/2021: LISTAXES PROVISIONAIS

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2020/2021, informamos:

  • 4º Educación Infantil: todo o alumnado solicitante está admitido.
  • 1º Educación Primaria: alumnado non admitido por non existir vacantes.
  • 2º Educación Primaria: admitido o alumnado solicitante.

Para poder consultar as listaxes, o vindeiro luns día 8 de xuño, deberán facelo de maneira presencial no taboleiro de anuncios dentro do colexio ou na aplicación Admisión alumnado coa chave 365 ou certificado electrónico (pola Lei de Protección de datos non se poden publicar nesta web).

As reclamacións serán dende o día 9 ao 11 de xuño, ambos inclusive, na secretaría do centro en horario de 9:30 a 14:00 horas.

BECAS DE COMEDOR CURSO 2020/2021

O Concello de A Coruña iniciou o día 1 de xuño de 2020 o prazo para solicitar as becas de comedor para o vindeiro curso 2020/2021.

Para máis información, pinchade na imaxe.

TAREFAS SEMANA 1 XUÑO

Ola a todas e todos!

Desexamos que todos esteades ben.

Comeza xuño e como é luns, aquí tedes novas actividades para os vindeiros días.

Un saúdo agarimoso!

RECOLLIDA DE MATERIAL E LIBROS ALUMNADO

Benqueridas familias:

Durante estes días o profesorado estivo organizando o material de cada alumna e alumno para que as familias podades vir ata o colexio recollelo. Para isto, establecéronse unhas datas que axudarán a seguir os protocolos establecidos e evitar aglomeracións:

DÍA

HORA

CURSO

LUNS 1 XUÑO

9:30 A 14:00

5 ANOS

MARTES 2 XUÑO

9:30 A 14:00

4 ANOS

MÉRCORES 3 XUÑO

9:30 A 14:00

1º ED. PRIMARIA

XOVES 4 XUÑO

9:30 A 14:00

2º ED. PRIMARIA

VENRES 5 XUÑO

9:30 A 14:00

3º ED. PRIMARIA

LUNS 8 XUÑO

9:30 A 14:00

4º ED. PRIMARIA

MARTES 9 XUÑO

9:30 A 14:00

5º ED. PRIMARIA

MÉRCORES 10 XUÑO

9:30 A 14:00

6º ED. PRIMARIA

 

INFORMACIÓN A TER EN CONTA:

  1. Só accederá para a recollida e entrega de material, unha persoa por familia e non poderán vir con nenos/as. Deberán traer bolsa ou mochila para poder levar o material, así como bolígrafo por si fose necesario realizar algún trámite.
  2. Cando veñan ao centro, lembren entregar os libros do fondo libros, sexan do colexio ou da Anpa, os de préstamo da Biblioteca e das Mochilas Viaxeiras, que podan estar nos seus domicilios. É importante lembrar a obriga da entrega dos libros do fondo para poder ser beneficiario do mesmo para o vindeiro curso.
  3. No caso de que non fose posible acudir ao centro na data sinalada cando corresponde, poderá firmar e autorizar a outra persoa para recoller o material (modelo autorización).

 

NORMAS PARA ACCEDER AO COLEXIO:

  • Obrigatorio o uso de mascarilla segundo as autoridades sanitarias.
  • Seguiranse as indicacións que se lles indiquen no centro mantendo a distancia de seguridade.
  • O acceso ás aulas será pola entrada principal e a saída pola porta de Infantil.

Para calquera dúbida ou consulta poderán contactar por teléfono: 981280208

TAREFAS SEMANA 25 MAIO

Ola a todas e todos!

Desexamos que todos sigades ben.

Aquí tedes as recomendacións e tarefas para esta semana.

Un saúdo agarimoso.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

Informámoslles que dende o día 20 de maio e ata o 19 de xuño de 2020 está aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto de solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Pode consultarse toda a información ao respecto na Orde do 12 de maio de 2020 (DOG 19/05/2020).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "fondolibros" e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Poderanse presentar tamén presencialmente na secretaría do centro en horario de 10 a 12:30 horas.

A solicitude pode descargarse no seguinte enlace: Anexo I e II; tamén está dispoñible no portal educativo (http://www.edu.xuntal.gal), nas dependencias da xefatura territorial de educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal

O alumnado de 6º curso deberá entregar a solicitude no IES no que teña obtido praza para o curso 2020/2021

CIRCULAR INFORMATIVA 

 

INFORMACIÓN A TER EN CONTA PARA ACCEDER AO COLEXIO:  

Segundo as recomendacións de Sanidade para a atención ao público, deberase manter o distanciamento social de 2 metros con outras persoas. O acceso ao centro será de xeito individual e deberán seguir as indicacións que atopen no mesmo.

 

TAREFAS SEMANA 18 MAIO

Ola a todas e todos!

Desexamos que todos esteades ben.

Onte, domingo 17 de maio, celebrouse o Día das Letras Galegas e Cascarilla lembrouse deixando dous fermosos agasallos no seu blog. Ide velos!

A continuación, tedes as tarefas e recomendacións para esta semana:

 

INFORMACIÓN 3º TRIMESTRE E ADAPTACIÓNS PROGRAMACIÓNS

Segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para o desenvolvemento do 3º trimestre do presente curso, informamos do seguinte:

Respecto ao calendario escolar, as actividades lectivas que se desenvolven durante o 3º trimestre do curso 2019/2020, sempre condicionadas pola situación sanitaria, non se estenderán máis alá do 19 de xuño (data establecida na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020).

Durante este 3º trimestre, os mestres continuarán coa atención do alumnado propoñendo actividades para a súa aprendizaxe continua e adaptadas á súa idade e características, así como á situación excepcional que están a vivir. Estas actividades serán globalizadoras e interdisciplinares.

En canto a avaliación, será continua e formativa. Terá en conta os dous primeiros trimestres así como as actividades que se están a desenvolver neste 3º trimestre: actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación de aprendizaxes anteriores,  sempre e cando beneficie ao alumnado.

A repetición de curso será unha medida excepcional. Aqueles alumnos ou alumnas que rematen o curso con algunha área con cualificación negativa, elaborarase un plan de recuperación para seguir no vindeiro curso 2020/2021.

Por todo isto, e como dictan as instrucións, os mestres de primaria, titores e titoras e especialistas, adaptaron as súas programacións tendo en conta cales son as aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberá desenvolver o alumnado en cada área. Poden consultarse a continuación:

 

Distribuir contido