Skip to Content

ACTUALIZACIÓN PROTOCOLOS COVID-19

Benqueridas familias, 

Atendendo ás recentes publicacións da Xunta de Galicia en canto ao "Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia" na súa versión do 4 de novembro do 2020, así como a plublicación da "Resolución pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos" o centro realizou as correspondentes actualizacións.

Nos enlaces que se adxuntan podedes ver ditos documentos:

- Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid-19

- Plan de Continxencia.

- Plan de Ensino Virtual

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN DA COVID-19 - CURSO 21/22

Achegamos o PLAN DE ADAPTACIÓN á situación da COVID-19 para o curso 21-22. Trátase dun documento baseado nas Instrucións da Consellería de Sanidade e Educación na súa versión 1-10-2021

Decirvos tamén que está a vosa disposición o PLAN DE CONTINXENCIA a seguir no caso de un prosible gromo.

Un saúdo.

PROGRAMA DE ACOLLIDA CURSO 2020-2021

 

Benqueridas familias, 

 Achegamos o PROGRAMA DE ACOLLIDA para este curso. Neste documento aparecen as novas de organización e funcionamento do centro para adaptarnos a situación actual. Así como as medidas de hixiene, prevención e protección básicas. 

Por outra banda incluímos a planificación das entradas e saídas para os diferentes cursos.

No Plan de Adaptación á situación da Covid-19 poderedes ver os planos do centro onde aparecen cada unha das entradas establecidas.

 Un agarimoso saúdo.

MATERIAL BÁSICO PARA O INICIO DE CURSO

 

Benqueridas  familias:

Informamosvos de que o material básico co que o alumnado terá que acudir á aula, será o seguinte:

  • Axenda escolar.
  • Estoxo.
  • Botella de auga ( co nome do neno/a) e merenda.
  • 1 máscara de uso obrigatorio para o alumno/a e outra como reposto dentro dunha bolsiña.

     

     Un saúdo.

 

 

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO 2º E 3º EDUCACIÓN PRIMARIA

 A próxima semana terán lugar as seguintes reunións cas familias:

 

  • 2º EDUCACIÓN PRIMARIA: XOVES 17 de setembro
  • 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 15 e MÉRCORES 16 de setembro.

 

As titoras de cada grupo poñeranse en contacto cas familias para máis información.

Nos vindeiros días publicaranse os restantes cursos de Educación Primaria.

 Un saúdo.

IMPRESOS INICIO CURSO

Benqueridas familias, 

Achegamos os impresos a asinar polas familias no inicio deste curso:

- DECLARACIÓN RESPONSABLE.

- ACTUALIZACIÓN DE DATOS PERSOAIS.

- AUTORIZACIÓN DO USO DE IMAXE e ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.

 

Deberán ser entregados nos primeiros días de curso aos mestres/as titores/as ou ben envialos ao correo electrónico do centro: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es  

(data límite de entrega o día 15 de setembro)

Un saúdo.

 

 

 

INICIO DAS CLASES

Benqueridas familias, 

O obxectivo principal de esta reorganización, tanto das entradas como das saídas, e evitar aglomeracións e manter as medidas de seguridade establecidas polas autoridades. 

XOVES DÍA 10: incorporáse o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º de Educación Primaria.

VENRES DÍA 11: incorpórase o alumnado restante, 6º de Educación Infantil  e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Cada grupo terá unha hora e unha porta de acceso asignada que aparece no documento adxunto.

O alumnado de 4º Educación Infantil comezará con este horario a partir do 1 de outubro, data na que remata o periodo de adaptación.

Un saúdo.

 

 

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2020/2121

Benqueridas familias, 

No documento adxunto tedes toda a información sobre o transporte escolar

A entrada do alumnado será de xeito gradual pero NON afecta aos usuarios de transporte.

As dúbidas serán atendidas a través do teléfono do centro.

Un saúdo.

 

REUNIÓNS DE COMEZO DE CURSO

 A próxima semana terán lugar as seguintes reunións cas familias:

  • LUNS DÍA 7: alumnado de 4ºEI.
  • LUNS DÍA 7: alumnado de 6º EI.
  • MARTES DÍA 8: alumnado de 5º EI.
  • MARTES DÍA 8: alumnado de 1º EP.


As titoras de cada grupo poñeranse en contacto telefonicamente para máis información.

 

MATERIAL ESCOLAR 20/21

Benqueridas familias, 

Aquí tedes as listaxes de material para este curso. 

Un saúdo.

 

Distribuir contido