Skip to Content

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2021/2022

 

A normativa vixente para o servizo de transporte require a súa solicitude cada ano.

O PRAZO de solicitude para que o alumnado do centro poda facer uso do transporte escolar durante o curso 2020-2021 estará aberto entre o 6 e o 26 de maio, ambos inclusive.

Unha vez cubertas e asinadas as solicitudes poden ENTREGARSE a cada titor ou titora ou ben achegalo a través do correo electrónico do centro: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es

Os impresos de solicitude poderán recollerse na conserxería do centro ou descargar o impreso que se adxunta.

A listaxe de alumnado admitido no servizo de transporte publicarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas.

O alumnado de nova incorporación poderá solicitar o transporte no momento de formalizar a matrícula.


Un saúdo, 

O Equipo Directivo

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

venres 23 de abril publicaremos as listaxes provisionais de

admitidos para o curso 2021/2022  no taboleiro de anuncios do centro. 

Poden tamén acceder a esta información a través da aplicación

admisionalumnado ca chave 365.

O prazo de reclamación será de 5 días hábiles dende a súa publicación. 

 

Informar que todas as solicitudes de 4º de Educación Infantil, de 4º de

Educación Primaria e de 6º de Educación Primaria están admitidas. 

 

Un saúdo, 

O Equipo Directivo.

18 DE MAIO: DÍA NON LECTIVO

 

Benqueridas familias, 

Informamos que o día 18 de maio de 2021 foi o día escollido polo centro

como non lectivo, xa foi aprobado pola Xefatura Territorial de Educación,

polo tanto non haberá clase.

 

Un saúdo, 

O Equipo Directivo

 

.

 

ÁS ÁRBORES

CEIP RAMÓN DE LA SAGRA

 

Os nenos e nenas do CEIP Ramón de la Sagra realizaron unha serie de relatos para conmemorar o Día da Árbore (21 de marzo).

Se premedes na imaxe que aparece a continuación poderedes ver o traballo realizado polo alumnado. 

 

 

 

Para coñecer un pouco máis sobre as nosas árbores podedes entrar no blog de Dinamización da Lingua Galega, situado na marxe esquerda da web.

 

 

BOLSAS COMEDOR CURSO 2021/2022

 

O Concello de A Coruña iniciou o día 5 de abril de 2021 o prazo para solicitar as bolsas comedor para o curso 2021/2022.

O PRAZO para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.

Para máis información picade na imaxe que aparece a continuación.

 

.

21 DE MARZO

DÍA DA ÁRBORE e DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 

 

Para conmemorar este día, a semana pasada plantamos dúas novas

árbores no colexio, unha maceira e un loureiro

 

Prema  AQUÍ  para coñecelas!

 

 

ADMITIDOS NO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO

 

Benqueridas familias, 

Dende o IES Ramón Otero Pedrayo informan que:

De acordo co Artigo 11 da Orde do 12 de marzo de 2013infórmase de que o número postos escolares dispoñibles para o curso 2021-22 son suficientes para atender de solicitudes de reserva para centros adscritos.
Neste caso, a reserva adquire carácter vinculante e será incompatible coa presen­tación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito pre­sentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Polo tanto, o alumnado que solicitou praza neste instituto está admitido, debendo formalizar a matrícula en tempo e forma no IES Ramón Otero Pedrayo.

Un saúdo,

O Equipo Directivo.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

 

Publicada a Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

Para consultar máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849 

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 22 de marzo na secretaría do centro (previa cita). Poden descargar o impreso premendo AQUÍ.

Tamén poderá cumplimentarse na aplicación admisión alumnado, dentro do portal da Consellería.

As familias poden consultar a información relavante respecto á admisión do vindeiro curso no documento adxunto.

Un saúdo, 

O Equipo Directivo.

 

.

 

 

PORTAS ABERTAS

 

CEIP RAMÓN DE LA SAGRA 

CURSO 2021-2022

 

Se queredes descubrir como é o noso cole pica na seguinte foto para ver o vídeo.

 

 

PARA MÁIS INFORMACION PREMA NA IMAXE QUE APARECE A CONTINUACIÓN!!

 

 

 

 

Se tedes algunha dúbida atenderemos a través do correo electrónico

ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es ou teléfono do centro.

 

 

PORTAS ABERTAS CURSO 2021-2022

Benqueridas familias, 

Este ano, debido a situación sanitaria na que nos atopamos, non podemos realizar as Xornadas de Portas Abertas como é habitual no colexio.

Por iso, nos vindeiros días, publicaremos un vídeo para que poidades coñecer un pouco as instalacións do centro, así como os servizos ofertados.

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición, a través do teléfono ou correo electrónico do centro.

Un saúdo, 

O Equipo Directivo.

Distribuir contido