Skip to Content

ERASMUS+

O noso centro foi seleccionado para participar no programa Erasmus+ de curta duración para a mobilidade do persoal con fines formativos.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

RENOVACIÓN DOS CONSELLOS ESCOLARES

 

 

Luns, a 25 de outubro de 2021

 

 

Comunícase á Comunidade Educativa que en relación á Resolución do 20 de setembro de 2021, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35261), e en virtude da mesma…

 

 

 

Anúnciase que segundo o Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de agosto, o xoves 28 de outubro de 2021, ás 12:30h, procederase ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, no hall de entrada do centro.

 

 

 

Posteriormente, iranse subindo na web todas as deliberacións e informacións durante todo o proceso.

 

Agardando a súa máxima participación no proceso, reciban un cordial saúdo.

 

 

 

            Atte.: D. Francisco Mourelo Barreiro.

 

                      Director.

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021/2022

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS

Dirixímonos a vds. para informarlles que na barra lateral dereita teñen o calendario escolar do presente curso 21/22 establecido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Do mesmo xeito informarlles que os días non lectivos escollidos polo centro, son os mesmos que se propuxeron na asociación de directores/as de A Coruña, e que son os seguintes:

- 7 de decembro de 2021,

- 16 de maio de 2022.

En calquera caso, para estes días enviarase recordatorio por abalar.

Grazas.

A Dirección

BENVIDO OUTUBRO!

Benvido outubro! Dende o noso centro queremos felicitar aos máis pequenos e pequenas por teren superado de forma fantástica estas primeiras semanas de cole.

CONCERTO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

As nenas e nenos de infantil, 1º e 2º de primaria puideron gozar da música de Uxía Lambona e a Banda Molona. 

.

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO 5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

5º EDUCACIÓN PRIMARIA:

5º A Educación Primaria: Luns 4 de outubro ás 17:00 horas. 

5º B Educación Primaria: Xoves 30 de setembro ás 17:00 horas.

6º EDUCACIÓN PRIMARIA:

6º B Educación Primaria: Luns 27 de setembro ás 16:15 horas. 

6º A Educación Primaria: Luns 27 de setembro ás 18:00 horas.

AVISO ÁS FAMILIAS DE 2º E 3º DE E. PRIMARIA - ENTRADAS E SAÍDAS

AVISO ÁS FAMILIAS: ENTRADA E SAIDA DE 2º E 3º DE E. PRIMARIA

Estimadas familias:

Dirixímonos a vds. para comunicarlles que a partires do luns, 13 de setembro de 2021, tanto as entradas como as saídas do centro, o alumnado de 2º e 3º de E. Primaria utilizarán a porta de acceso ao patio de E. Infantil (a do curso pasado), coa fin de ter maior operatividade e circulación nas mesmas.

Reciban un cordial saúdo.

Atte.: A Dirección.

 

.

 

COMEZA UNHA NOVA ANDAINA!

 

O VOSO COLE PREPÁRASE PARA ACOMPAÑARVOS NELA.

 

Picade na imaxe!

 

 

 

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA: Mércores 8 de setembro.

1º A Educación Primaria: 16:00 horas.

1º B Educación Primaria: 17:00 horas.

2º EDUCACIÓN PRIMARIA: Martes 14 de setembro.

2º A Educación Primaria: 16:30 horas.

2º B Educación Primaria: 16:30 horas.

3º EDUCACIÓN PRIMARIA: Luns 20 de setembro.

3º A Educación Primaria: 16:00 horas.

3º B Educación Primaria: 18:15 horas.

4º EDUCACIÓN PRIMARIA: Luns 13 de setembro.

4º A Educación Primaria: 16:00 horas.

4º B Educación Primaria: 18:15 horas.

 

As datas das reunións de 5º e 6º de Educación Primaria publicaranse nos

vindeiros días nesta páxina web.

 

Distribuir contido