6º Curso

MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL

O alumnado de 6º de primaria participou no "VI Maratón de Tradición Oral" organizado pola Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago.

EXPOSICIÓN PROXECTOS

Xornada de portas abertas en 6ºA para visitar a exposición de proxectos tecnolóxicos realizados polo alumnado.

CHARLA

Profesoras de Química da USC ensináronnos a maxia que se agocha detrás do mundo da Química. Vimos como convertían moedas de cobre noutras de ouro ou prata, con elas fixemos bolas saltarinas ou cadros abstractos nun prato de leite...Unha Pasada!!

OBRADOIRO DE POESÍA

Na Galería Sargadelos e dentro da XIII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago, celebrouse un taller de poesía por parte da Editorial Kalandraka ao que asistiron os/as alumnos/as de 6º curso, nel aprenderon a realizar pequenas coplas a partir de textos de Rosalía.

Aproveitouse tamén a visita para facer un percorrido polo casco histórico da cidade.

 


CHARLAS - OBRADOIROS

  O alumnado de 6º curso participou en dúas charlas-obradoiros na Biblioteca do Centro, a primeira delas tratou sobre "Autoimaxe, estereotipos e roles de xénero", nela deseñaron unhas bolsas pola igualdade. Na segunda o tema foi "Responsabilidade familiar" e o obradoiro consistiu en decorar uns mandís co lema "Aquí, quén cociña?"

 



TRABALLOS 6º

 

Aquí están as fotografías dos traballos realizados polo alumnado de sexto durante este curso na área de Coñecemento do Medio.

No video adxunto tamén podedes ver como funcionan algúns deles.

 


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo estivo no noso Colexio Beatriz Gómez, unha arqueóloga do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas), para darnos unha charla ao alumnado de sexto de Primaria, sobre o papel da muller na sociedade ao largo dos anos e, en particular, das mulleres científicas.

Aprendemos que no pasado non tiñan acceso á educación, non votaban..., só se adicaban ao coidado da familia e da casa. Logo, foron adquirindo dereitos pero, ao incorporarse ao traballo, non se lles recoñecían e cobraban menos, só polo feito de ser muller.

Agora todo iso vai cambiando, aínda que son poucas as mulleres en postos de responsabilidade e, nalgúns lugares non hai igualdade de xénero en todos os ámbitos.

Foi unha actividade amena, interesante e de reflexión para todos/as.

Participamos en directo, no programa que estaba a realizar a Radio Galega, na entrevista que fixo o xornalista á conferenciante e a varios de nós. Resultou unha bonita experiencia.

(Alumnado de sexto)


Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer