Skip to Content

Dinamización lingüística

"Xa o di Esther" de Carmen

Carmen, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre o Samaín.

"Xa o di Esther" de Óscar

Óscar, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre o banco de suplentes no campo de fútbol.

Radio Furelo 5ºA

O alumnado de 5ºA presenta unha entrevista en inglés ao noso mestre de música Fernando!

Non vos perdades a entrevista en video. Facede click sobre a imaxe:

"Xa o di Esther" de Carmen

Carmen, de 4ºB, pfresentan o seu "Xa o di Esther" sobre o Samaín.

"Xa o di Esther" de Valentina

Valentina, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre o cemiterio.

 

Radio Furelo 4ºA

O alumnado de 4ºA presentan o seu Radio Furelo sobre a música tradicional galega.

Radio Furelo 5ºB

Os alumnos e as alumnas de 5ºB presentan o seu Radio Furelo sobre o Magosto.

 

Poemas musicados

O alumnado de 5ºC preséntanos unha selección de poemas musicados sobre o Outono, o Samaín e o Magosto.

Radio Furelo 6ºB

Os alumnos e alumnas de 6ºB cóntannos un conto da escritora arxentina María Elena Walsh.

Dígocho Eu

O alumnado de 2º de Primaria  despois de visionar durante todo o curso o programa da Tvga "Dígocho Eu" quixeron emular a Esther facendo a súa versión dos capítulos que lles interesaron

Boletín de novidades para o verán

O Equipo de Biblio Furelo achégavos o boletín de novidades para o verán: unha guía para animar aos máis cativos da casa a continuar coa lectura no tempo de lecer. 

 

Non deixes de visitar o noso blog para máis información sobre a biblio

Recoñecemento ao traballo literario do alumnado de sexto curso

Neste curso escolar 2021/ 22, o alumnado de 6º de Primaria participou nunha serie de concursos literarios obtendo moi bos resultados.

 

No certame 2022 das Letras Gazafellas, recibiu unha mención a alumna Antía Díniz Lago, na categoría de relato curto co conto titulado : “Os biosbardos”.

 

E no V concurso de microrrelatos “RELATOS.GAL” (iniciativa da Real Academia Galega) o terceiro premio foi para Ximena Landeira Lista coa historia “A mosca viaxeira”.

 

No XVII concurso de relato curto “Somos capaces” organizado pola asociación Aspamite, o terceiro premio foi para Nerea Espiño Cancela coa historia ilustrada “Manuel e os seus Amigos”.

 

PARABÉNS!!!

 

FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2022 - Florencio Delgado

Hoxe, 25 de maio, celebramos no CEIP Ramón Cabanillas o día das Letras Galegas.

Fíxose a entrega de premio do concurso de de DEBUXO (organizado pola ANPA) que convertemos en chapas.

Da man do noso alumnado de sexto (A e B) coordinados por José Luís, todas e todos gozamos cos xogos tradicionais galegos.

Grazas ao apoio do grupo folclórico no que colaboran pais e alumnado do noso centro bailamos ao son da muiñeira e do paso dobre.

Grazas ao alumnado que, co seu comportamento é, unha vez máis, exemplo a seguir para a Comunidade Social que entre todas e todos construimos día a día.

INFORMACIÓN

Información sobre Florencio Delgado Gurriaràn

 

Letras Galegas 2022

 Podcast 2º B  

Podcast 6ºB. 

Radio Furelo

 

INFORMACIÓN SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 

Maio

Xa etá adquí maio e os nenos de 5anosB lle agasallan cunha fermosa poesía

Fauna do Camiño dos Faros

Os alumnos de 5 anos B nos falan sobre a fauna de Galicia no Camiño dos Faros

DÍA DO LIBRO

A clase de 1ºA  fai as súas recomendacións para o día do libro

 

Comezamos a celebración do LIBRO

 

Esta semana con motivo da Semana do Libro, que durará unha quincena.

Queremos animar ao alumnado desde todas as aulas á lectura. Neste caso a proposta do equipo de Biblioteca (apoiado pola dinamización da lingua galega) fixo un chamamento ao alumnado de 6º que participa de colaborador/a de biblioteca e que a puxo a andar, neste curso tan complicado, temos que dicir que a colaboración foi tal, que temos que deixar algún contacontos para Maio, con motivo das letras.

Así o alumnado de 6º está indo polas aulas de infantil para contar un conto. Esta é unha ilustración deste primeiro día.

Grazas rapaces e rapazas, sen vós: nós non somos.

Non deixes de ver que máis cousas preparamos nos documentos adxuntos: Calendario e Programa.

 

CANS AO PODER!

OPERACIÓN: PONLLE FREO AO ABANDONO! Co alumnado de 2ºB

 

  Presentamos un programa radiofónico de divulgación e concienciación sobre os cans, a nosa liña de investigación dentro do proxecto a nivel de centro Con-Ciencia-T.
Cans ao poder! Por unha educación responsable.

Distribuir contido


by Dr. Radut