Educación artística

BATUCADA

O mércores 19 de xuño dous membros de Eco Percussion impartiron un obradoiro de batucada aos alumnos e alumnas de 6º de primaria, logo fixeron no patio unha demostración para todo o Cole.

  

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída da aula de 6ºA á sede da Fundación Granell

Deste xeito, mergullámonos na vida e obra de Eugenio Granell, ligado ao “bando republicano” na Guerra Civil española, a temida dictadura, a súa fuxida a Francia, o seu exilio e a súa posterior vida nas Américas, ata que regresa a Santiago, en plena democracia.
Ademáis dunha amena charla, Eduardo López e os seus colaboradores permitíronnos gozar co obradoiro de arte surrealista, a través do debuxo dos nosos soños e un traballo cooperativo titulado: “cadáver exquisito”. Graciñas.

ACTIVIDADE DIDÁCTICA

Continuando coas clases didácticas da Escola Municipal de Música, desta vez o alumnado de 2º asistiu no Colexio a unha demostración práctica de trompeta e trombón.

ACTIVIDADE MUSICAL

A través do Departamento de Educación do Concello achegáronse ao Centro dous profesores da Escola Municipal de Música para realizar unha actividade didáctica sobre o trombón e a trompeta, explicando as súas características e interpretando catro pezas musicais para o alumnado de 1º de primaria.

SAÍDA DIDÁCTICA

O alumnado de 4 anos marchou de excursión á Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Ciencias da Educación. Alí cantaron a de "Fonseca", deixando aos asistentes sorprendidos. O motivo foi a súa participación no International Symposium of Music Education and Didactic Materials.

Gozaron dos obradoiros de Lydia Botana (De aquí para alá) e de Cristina Llbrés (Ma-Maruja), material que traballaron coas docentes nas aulas previamente, quen amosaron os seus traballos musicais.

ACTIVIDADE 1ºA

Amosamos o resultado final das carpetas realizadas polos alumnos e alumnas de 1ºA, con diversos materiais e recursos, nas clases de educación artística. Fixérono moi ben estos pequenos artistas!

ACTIVIDADE 1ºA

En 1ºA están elaborando unha carpeta e comezaron a utilizar as témperas. Subiremos máis fotos cando o traballo esté rematado.

CLASE DIDÁCTICA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

"Quén é quén: Os instrumentos que viven na Escola de Música" é un ciclo de sesións para os centros de ensino de Santiago. O martes 13 de marzo realizouse no centro unha clase didáctica da modalidade guitarra eléctrica e percusión para 1º de primaria co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos.