ARQUIVO DE NOVAS GALERÍA DE FOTOS GALERÍA DE VÍDEOS AULA VIRTUAL
Xa tedes a revista Furelo 2013 ao voso dispor. Este ano non se publica en papel, porque Furelo dende que ten a súa páxina web modernizouse e pasouse ao formato dixital. Di que é polo ben dos nosos bosques. Que quererá dicir?. Se alguén o entende que mo explique. Podedes deixar as vosas suxestións na caixa do correo da biblioteca.
Traballastes tan arreo este ano que nos saíu unha revista MOI GRANDE, por iso está dividida en dúas partes:
Podedes abrila para lela cantas veces vos pete. Ampliar as páxinas para ver con máis detalle os vosos traballos. Se queredes descargala e gardala nos vosos ordenadores, nun cd, ou dvd, tamén podedes. Tamén se pode imprimir, pero se entendestes a razón pola que Furelo non quixo facelo, seguro que vós tampouco quereredes.
DESFRUTADE DELA.
Premede neste enlace para chegar
https://sites.google.com/site/engalegopolasnubes/revista-furelo-2013
Podes repasar o Furelo 2012 premendo nos seguintes enlaces. Apareceráche en formato revista dixital:
Primeira parte: http://issuu.com/furelo/docs/revista2012partei?mode=window&viewMode=doub...
Segunda parte: http://issuu.com/furelo/docs/revista2012parteii?mode=window&viewMode=dou...
AVISO IMPORTANTE
Información das datas e quendas para a devolución e recollida do material escolar. Asimesmo, nese mesmo día, poderase tramitar a solicitude de uso ou renovación do servizo de transporte escolar para o curso 2020/2021.
Tamén se entregarán libros e mochilas viaxeiras pendentes de devolución da Biblio.