Skip to Content

Novas

REUNIÓN INFORMATIVA

O mércores 27 de xuño, ás 10h, terá lugar no Centro unha reunión informativa cos pais/nais ou titores/as legais do novo alumnado admitido en 4º de educación infantil (3 anos) para o curso 2018/19.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2018/2019

Publicado no DOG o calendario escolar para o curso 2018/2019

 No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.

                   Enlace Web Consellería

RECOLLIDA HISTORIAIS 6º PRIMARIA

As titoras de 6º faranlles entrega dos historiais académicos de educación primaria o día 28 de xuño en horario de 10 a 12. Os pais/nais, titores/as legais que non poidan vir ese día poderán recoller dita documentación en secretaría en horario de 9 a 14.

BECAS COMEDOR, MATERIAL E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Publicación da convocatoria das becas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares. Curso 2018-2019

As solicitudes presentaranse no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.(o prazo finaliza o 12 de xullo)

COMEDOR E MADRUGADORES

Achegamos información da páxina web do Concello:

Apertura dos prazos de matrícula nos servizos de comedor e madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil de primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2018-19.

Prazo de presentación:
Do día 1 ao 20 de xuño de 2018 (ambos os dous incluídos),

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS

Campamento deportivo de verán 2018

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 18 prazas para participar no Campamento Deportivo de Verán, na quenda 3ª, do 15 ao 20 de xullo.
Poderán participar os rapaces e rapazas empadroados en Santiago e que teñan entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano 2018 (ambas idades incluídas).
O prazo de solicitude remata o 15 de xuño.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

No DOG do día 21 de maio de 2018 publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

Ler máis

Prazo: remata o 22 de xuño de 2018 (incluido)

Nota informativa: O Centro ten previsto solicitar o proxecto de educación  dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º no curso 2018/19. No caso que fose concedido, o alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

ENLACE WEB CONSELLERÍA 

CHARLA

Ana Belén Montesa dará unha charla o xoves, 1 de febreiro ás 17:00 no Colexio, a pais/nais/titores legais do alumnado de 6º de primaria sobre educación afectivo-sexual, previa á impartición duns talleres ao alumnado na próxima semana.

OBRADOIRO NO MUPEGA

Con motivo do Día Internacional dos Dereitos da Infancia (20 de novembro), realizarase un obradoiro no MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA en colaboración coa ONG Entreculturas.que xirará en torno ao dereito á educación dos nenos e nenas.

Data: venres, 24 de novembro, ás 18 horas. Duración: 1  hora e cuarto.

A actividade é gratuíta e dirixida a nenos e nenas de 7 a 10 anos.

Número de Prazas: 20

Forma de Inscrición: para formalizar a inscrición será preciso enviar un correo electrónico incluíndo o nome e apelidos, idade e centro educativo do neno ou nena que desexa asistir, e un teléfono de contacto á dirección.

museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es

O correo debe ser enviado polo pai/nai/ titor do neno ou nena que se queira inscribir.

Data límite de inscrición: xoves, 23 de novembro, ata as 18:00 horas.

Lembrade que a inscrición, polo feito de ser gratuíta, leva aparellado o compromiso de asistencia, para que todas as nenas e nenos participantes poidan desfrutar dunha experiencia óptima. No caso de non poder asistir unha vez inscritos/as, rogamos encarecidamente que se dea aviso coa suficiente antelación por correo electrónico ou por teléfono (981 540 155/56); deste xeito, poderán asistir á actividade outros nenos ou nenas en lista de espera.

EXPOSICIÓNS

FOTOS DA EXPOSICIÓN FOTOS DA EXPOSICIÓN

O vindeiro martes, 14 de novembro, dende as 16 ata as 19 horas, poderán visitar as dúas exposicións que temos nos nosos corredores con fotografías da evolución histórica de Sar (cedida polo Espazo Veciñal de Sar), conxuntamente coa exposición sobre o outono con diferentes composicións plásticas realizadas polo alumnado.

APEGO

Apego é un proxecto para o fomento do emprego da lingua galega promovido polos servizos de Normalización Lingüística de distintos concellos de Galicia e dirixida ás familias con nenos e nenas de ata seis anos. 

 

  Enlace coa páxina do Concello con máis información

CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA HORA
3 ANOS MARTES, 3 DE OUTUBRO 17:30
4 ANOS MARTES, 10 DE OUTUBRO 17:30
5 ANOS MARTES, 10 DE OUTUBRO 17:30

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA HORA
1ºA MARTES, 31 DE OUTUBRO
17:30
1ºB  LUNS, 2 DE OUTUBRO 17:30
2ºA/B MARTES, 26 DE SETEMBRO 17:30
3ºA/B MARTES, 24 DE OUTUBRO 17:30
4ºA/B

 MARTES, 24 DE OUTUBRO

(4ºB: APRAZADA PARA O MARTES, 31 DE OUTUBRO ás 17:15)

17:30
5ºA/B MARTES, 3 DE OUTUBRO 17:30
6ºA/B  MARTES, 31 DE OUTUBRO  17:30

  

LISTAXES ALUMNADO

As listaxes de alumnado por grupos estarán a disposición das persoas interesadas a partir do 8 de setembro na conserxería do Centro.

SOLICITUDE BECAS NEAE

Publicada no BOE (12/08/2017) a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Prazo de presentación: 28 de setembro de 2017

Máis información

VALES AXUDAS

Lembramos que quedan familias por recoller en secretaría os VALES das axudas de material escolar e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria.

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO 2017/2018

INFORMACIÓN DE DATAS, ORDE, ZONA DE ESCOLARIZACIÓN E DOCUMENTACIÓN

 

RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS  E NON ADMITIDOS/AS

O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA É DO 20 AO 30 DE XUÑO

(O prazo posto polo Concello para a matrícula nos servizos de comedor e madrugadores, que xestionan, é do 2 ao 23 de xuño)

Convócase aos pais/nais dos novos alumnos/as de 3 anos a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro mércores 28 de xuño ás 10 h.

RECOLLIDA DE VALES

A partir do mércores, 5 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria.

(As listaxes provisionais do programa fondo libros de 3º a 6º de primaria publicaranse o 10 de xullo)

CALENDARIO ESCOLAR 2017/2018

Publicado no DOG o calendario escolar para o curso 2017/2018

 No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2017 ao 21 de xuño de 2018, ambos inclusive.

VER CALENDARIO                       DOG

Distribuir contido


by Dr. Radut