Skip to Content

Complementarias

DÍA FORESTAL MUNDIAL

Escolares de 5º e 6º do noso Centro participaron nunha plantación de árbores no monte Gaiás.


ACCESO Á GALERÍA DE FOTOS

 


ENTROIDO 2012

PREME NO SEGUINTE ENLACE SE QUERES FACER ALGUNHAS ACTIVIDADES SOBRE O ENTROIDO REALIZADAS POLO CONCELLO DE TEO

ENLACE


ENTROIDO 2012

O venres 17 de febreiro celebrouse no Colexio a festa do Entroido, este ano adicada aos nosos bosques. Despois do desfile e actuación do alumnado, grazas a colaboración de pais/nais, degustáronse os doces típicos (filloas, orellas, rosquillas...) Podedes ver imaxes da mesma na galería de fotos. Grazas a todos/as.

 

 

(Presentación publicada no blog de medio ambiente)

En actividades complementarias tedes un enlace a traballo realizado polo Concello de Teo no que podedes aprender cousas sobre o Entroido.


NADAL 2011

ALGUNHAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS PARA ESTAS DATAS

 

Decorar os diferentes espazos do Centro con adornos navideños feitos entre todos os alumnos/as, pequenos e grandes.

Concurso de debuxo destinado a todo alumnado para ilustrar o calendario 2012.

Elaboramos carteis de Nadal para o Concurso organizado polo Concello de Santiago.

Visita dos Paxes Reais o próximo 15 de decembro para recoller as cartas escritas polos pequenos de Infantil e 1º Ciclo.

Guías de lectura con recomendación de contos, libros e agasallos, para todos os niveis, elaboradas pola Biblioteca do Centro

 

 


MAGOSTO 2011

F O T O G R A F Í A S

Traballos feitos con castañas, froitos do outono e degustación de castañas

Aloxadas tamén na galería de fotos.


MAGOSTO 2011

Este ano no noso Colexio celebrarase o magosto o venres,11 de novembro. Será unha actividade de carácter lectivo coa participación só do alumnado e profesorado.

Ábrese no Colexio unha exposición de manualidades feitas con castañas polo que, a partir do luns, os nenos e nenas poden traer as súas creacións.

Unha das actividades que está previsto realizar o día 11 é unha exhibición de xogo con trompo polo que, o neno/a que o desexe pode traer o seu.


FOTOS DO SAMAÍN NO COLE

 

Publicado no blog "Colorines" de Ed. Infantil 5 anos


SAMAÍN 2011


EXPOSICIÓN DE CABAZAS
As cabazas expoñeranse o venres, 28 de outubro, na entrada do Colexio. Os nenos/as poderán traer as súas cabazas a partir do mércores 26.
SEMANA DA LECTURA FANTÁSTICA
A temática do medo será a protagonista. Na entrada da biblioteca organizarase unha exposición con libros sobre ese tema clasificados por ciclos.
CONTASCONTOS DE MEDO
As aulas poden preparar un conto e ir lerllo a outras durante esa semana
EXPOSICIÓN "OS NOSOS MEDOS"
Con todos os traballos realizados sobre a emoción e o medo ( debuxos, contos,..) elaboraremos o "Libro do Medo"

Distribuir contido


by Dr. Radut