EduCovid

Nova normativa de uso das máscaras 21 de abril de 2022

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación - uso de máscaras

Estimadas familias,

A partir do luns 21 de marzo de 2022, o alumnado do CEIP Ramón Cabanillas, no recinto escolar, pode non utilizar a máscara ao aire libre.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras dos patios dos centros educativos - 18/03/2022

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo - 04/03/2022

NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral e serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022 (tendo en conta os días lectivos, a partir de maña 05/03/2022 xa NON será necesario identificar contactos estreitos do ámbito educativo)

Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste acordo: suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento. 

Recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19 a partir do 7/3/22

Uso de máscaras. Comunicado da Xunta de Galicia

Estimadas familias, 

Informamos sobre o uso da máscara en exteriores, no centro educativo:

"Os  expertos  do  subcomité  clínico  lembran  que  onte  se  comenzou  a  administrar a segunda dose da vacina contra a covid-19, polo que, ata que os rapaces teñan a pauta  completa,   o  recomendable  é  seguir  coa  máscara  onde  haxa  un  número  elevado  de  persoas  que  compartan un mesmo espazo exterior. Un espazo onde habitualmente toman bebidas ou alimentos."

Estracto do comunicado. Ver comunicado completo na ligazón.

Uso de máscaras. Comunicado da Xunta de Galicia

Un cordial saúdo,

O equipo directivo.

INSTRUCIÓNS EN CASO DE FORMAR PARTE DA APARICIÓN DUN CASO ESPORÁDICO

En caso de ser contacto dun caso esporádico, o centro educativo notificará vía abalarmobil ao grupo - aula para que cada familia poida tomar as medidas necesarias para evitar máis contaxios.

Segue a ligazón para saber máis.

Así mesmo, aos maiores de 6 anos máis achegados ao contacto en sí, se lle facilitará un test de saliva, en dito caso, serán notificados telefonicamente.

Segue a ligazón para saber máis. (páx. 6)

INSTRUCIÓNS EN CASO DE POSITIVO COVID

É imprescinfible para realizar o seguimento e estudo do caso confirmado que, a persoa responsable do/a neno/a notifique o positivo a Saúde Pública a través do formulario de declaración responsable de autotest positivo dispoñible na páxina web do coronavirus (ligazón) ou chamar ao 881 540 045.

Segue a ligazón para saber máis:

INSTRUCCIÓNS de ILLAMENTO PARA O CASO SOSPEITOSO DE COVID

Grazas pola vosa colaboración.

 

Actualización protocolo COVID - xaneiro 2022

Todo o equipo docente do CEIP Ramón Cabanillas queremos transmitir o noso agradecemento polo xeito en que as familias estades a colaborar connosco contribuíndo a que o espazo educativo dos vosos fillos e fillas sexa un espazo seguro a nivel de comunidade educativa.

Hoxe tivo lugar unha reunión de carácter autonómico para coñecer as variacións do Protocolo COVID nos centros educativos galegos. 

No documento adxunto poden consultar máis polo miúdo dita información.

En caso de confinamento contactar co titor ou titora para establecer o xeito de seguimento académico.

DOCUMENTO

INICIO DO CURSO 2021-2022: ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

AVISO IMPORTANTE. ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2021- 2022

MAPA DE ENTRADAS E SAÍDAS

AVISO

Atendendo ás novas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma, as citas para as titorías dos distintos niveis e especialidades realizaranse de xeito non presencial (ata o 17 de febreiro).

CURSO 20-21: ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

Este Plan de Adaptación do CEIP Ramón Cabanillas á situación COVID19 redactado polo Equipo COVID do centro, en base ás instrucións actualizadas da Consellería de Educación, ás aportacións realizadas pola comunidade educativa do centro (profesorado,ANPA e persoal non docente) está pendente de completar e actualizar coas medidas solicitadas ao Concello de Santiago de Compostela (empresa de limpeza e comedor) e ás empresas do transporte escolar, tras o que será definitivo.

PLAN COVID CEIP. RAMÓN CABANILLAS  (VERSIÓN 4.0)

PROTOCOLO XERAL (ACTUALIZACIÓN 4 /11/2020)

PLAN DE CONTINXENCIA  (ACTUALIZACIÓN NOVEMBRO 2020)

ENTRADAS E SAÍDAS ESPAZOS DE RECREOS
   
DOCUMENTACIÓN COVID DOCUMENTACIÓN COVID
ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID 19 para realiar na casa antes de acudir ao centro DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA AS FAMILIAS para remitir ou entregar no centro.
SAÍDA DO CENTRO,  IMPUNTUALIDADE OU AUSENCIA SAÍDAS COMPLEMENTARIAS, USO IMAXE, COMPARTIR ALIMENTOS, SAÍDA DO CENTRO DE XEITO AUTÓNOMO, RECOLLIDA DO ALUMNADO POR PERSOAS AUTORIZADAS SOLICITUDE DE ENTREVISTA CO PROFESORADO

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer