Skip to Content

Novas

Premio Nacional de Poesía 2013

As Letras Galegas están de noraboa; xa que por primeira vez, un libro de poesía en galego recibe o Premio Nacional de Poesía. Este premio foi outorgado ao escritor coruñés Manuel Álvarez Torneiro polo seu libro de poesía titulado "Os ángulos da brasa".

O Premio Nacional de Poesía é outorgado cada ano polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a una obra de poesía escrita en calquera das linguas do estado e recae por primeira vez nunha obra escrita en galego.

Esta obra publicada pola Factoria K da editorial viguesa Kalandraka, xa recibiu anteriormente outros dous premios en Galicia.

Noraboa ao escritor e á poesía galega!!

Fina Casalderrey entra na Real Academia Galega

 

A escritora de literatura infantil e xuvenil Fina Casalderrey formará parte como membro da Real Academia Galega. Esta é unha institución na que traballan intelectuais galegos no desenvolvemento da lingua e a cultura galegas. Este nomeamento supón un recoñecemento a ela, ás mulleres (será a quinta muller pertencente á institución) e á literatura infantil e xuvenil. Ela espera que o seu nomeamento axude a borrar as etiquetas de prexuicio' cara a este xénero e o potencie, tanto na educación como na cultura. 

Queremos darlle a noraboa a esta escritora de libros tan estupendos que nos fan disfrutar da literatura e que axiña volverá a visitarnos no noso colexio, onde teremos a oportunidade de felicitala persoalmente.

Parabéns, Fina.

 


Encontro con Joan Manuel Gisbert

 

Esta semana tivemos na nosa biblioteca un invitado especial, o escritor Joan Manuel Gisbert. Este escritor catalán ten escritos corenta e moitos libros infantís e xuvenís (el mesmo non sabía cantos!)  e gañado moitos premios ao longo da súa carreira; o Premio Nacional de literatura Infantil e Xuvenil coa obra El museo de los sueños ou o Premio Cervantes Chico polo conxunto da súa obra, entre outros.

O encontro co alumnado de terceiro ciclo resultou moi interesante; xa que o autor desvelou a orixe e composición das historias que estamos a ler nas aulas (pero non o final). As aventuras que narra sempre parten dunha situación cotiá á que se lle van agregando soños e ilusións tinxidos de misterio, mantendo o interese dos lectores ata o remate do relato.

O tempo da sesión pasou nun soplo e comprobamos que tamén é un narrador oral extraordinario (fotos)

Nos arquivos adxuntos poderás coñecer máis sobre a súa biografía e algúns dos libros que temos na biblioteca.


PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

 

A escritora Laura Gallego, acaba de ser premiada pola novela Donde los árboles cantan. Unha novela épica que se sitúa dentro do xénero fantástico, como a meirande parte da súa produción.

Lembramos que esta autora comezou a súa carreira con obras como Finis Mundi ou La leyenda del rey errante, conta coa saga Memorias de Idhún e unha trintena de títulos máis. Unha das creadoras con máis éxito no momento actual. Esta obra xa foi número un de ventas.

Agustín Fenández Paz recibe outro importante premio

O escritor galego, tan coñecido e querido por todos nós, foi galardoado co Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. O premio convocado pola editorial SM en México, outorgóuselle pola súa ampla obra narrativa que aborda unha gran diversidade de xéneros e temas e que tivo un papel determinante na construción dunha literatura infatil e xuvenil en galego.

Para o escritor este é un premio máis na súa traxectoria literaria, pois ten recibido outros moitos e algúns de gran importancia coma o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en España pola obra "O único que queda é o amor".

Este autor visitou a nosa biblioteca hai uns poucos anos, e ademais de disfrutar das anécdotas contadas sobre a súa vida como escritor, tamén propuxo algunha estratexia para animar aos rapaces e rapazas a contar as historias que segundo el levamos dentro. Daquela visita fixemos reseña nesta páxina (preme)

Noraboa Agustín, grazas por escibir para todos nós.


Ana Mª Matute recibe o Premio Cervantes

Hoxe, 27 de abril, foi entregado o Premio Cervantes á escritora Ana Mª Matute.

Este premio, que é o máis importante para a literatura hispana, premia cada ano a un escritor ou unha escritora en lengua española como recoñecemento a toda a súa obra literaria. A entrega de premio, que se fai habitualmente o día 23 de abril, Día Internacional do Libro que coincide coa data do falecemento de Cervantes, retrasouse este ano ata o día de hoxe porque a data prevista coincidiu coa Semana Santa.
 

Ana Mª Matute, nacida en 1925 en Barcelona, ten unha moi longa traxectoria literaria repleta de títulos e de premios. É considerada por moitos como a mellor escritora da posguerra civil española, sendo ademais esta época a que retrata no ambiente de moitas das súas historias contada dende a súa mirada infantil.

Esta escritora é a terceira muller que recibe o premio Cervantes despois de María Zambrano (1988) y Dulce María Loynaz (1992).

Día do Libro infantil e Xuvenil

 

Un ano máis chega esta conmemoración, que dende tódalas bibliotecas nos gustaría que fora tódolos días.

Dende 1967 a Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil (IBBY) promove o día 2 de abril a celebración do día do libro en conmemoración do aniversario do nacemento deste gran escritor danés, Hans Christian Andersen autor de contos tan coñecidos como A sereíña, O soldadiño de chumbo ou O parrulo feo.
 

Este é o cartel anunciador da conmemoración; e a continuación podes ler o manifesto que este ano foi escrito pola autora estoniana Aino Pervik:
Os libros dannos a coñecer o que realmente sentían Tom Sawyer, Huckleberry Finn e o seu amigo Jim ao navegar polo Mississippi a finais do século XIX, no momento no que Mark Twain narraba as súas aventuras: el coñecía profundamente o que a xente da súa época pensaba dos demais, porque el mesmo vivía entre eles. El era un deles. As obras literarias que foron escritas na súa mesma época, cando a xente daquel tempo aínda vivía, son as que falan de xeito máis auténtico da xente do pasado.
O libro lembra
Lembrando a Andersen (documental emitido por rtve)

Entroido: festa e tradición

Se queres saber algo máis desta nosa tradición en Galicia, aquí tes información: 

Orixe da tradición: cando, como e por que se celebra.

Algúns termos relacionados coa festa: entroido ou carnaval, que significan estas palabras.

Celebracións diversas

Entroidos singulares 1: Laza, os Peliqueiros

Entroidos singulares 2: Pantallas de Xinzo de Limia e boteiros de Viana do Bolo

Entroido no Ulla 1

Entroido no Ulla 2

Remate do entroido: O Meco

 

 

 

 

 

 

 

 

María Elena Walsh, unha gran poetisa infantil

María Elena Walsh naceu o 1 de febreiro de 1930 en Ramos Mejía, bisbarra da cidade de Bos Aires. Caserón grande, con patios e galiñeiro, un pomerania negro, rosais, gatos, limoeiros e laranxeiras e unha figueira moi cómoda sobre cuias pólas a filla loura e pecosa de «un inglés do ferrocarril» lía durante a sesta dos maiores Os Tres Mosqueteiros, Robinson Crusoe e A Cabana do Tío Tom.
Antes de rematar os seus estudos na Escola Nacional de Belas Artes, aos dezasete anos, escribiu o seu primeiro libro: Otoño Imperdonable, libro de poemas que mereceu o segundo premio Municipal de Poesía. Xa antes, en 1945, publicara os seus primeiros versos na lendaria revista O Fogar e no suplemento literario da Nación.


En 1948, viaxou aos Estados Unidos invitada por Juan Ramón Jiménez. En 1952 partiu cara a Europa, vivindo en París durante catro anos. Alí, con Leda Valladares, formou un dúo que se dedicou a difundir o folclore arxentino, recibindo premios e o aplauso do público. É nesa época tamén que comeza a escribir versos para nenos.


Desde 1959 escribe guións para TV, obras de teatro, cancións para nenos. As cancións das súas obras de teatro (Cancións para mirar, Dona Disparate e Bambuco, etc.), a letra e a música das súas cancións son cantadas por milleiros de nenos na Arxentina, xeración tras xeración, quen participan do mundo de fantasía e enxeño que lles propón María Elena Walsh.

Este pasado 10 de xaneiro faleceu esta gran poetisa.

Tutú Marambá, Zoo loco, El reino del revés ou Versos para cebollitas son algúns dos poemarios máis coñecidos que poderás disfrutar na nosa biblioteca.

CAMIÑO DE SANTIAGO: PROXECTO DOCUMENTAL

  Este curso dentro do Proxecto de Biblioteca (incluído no Plan Xeral Anual do Centro) propuxemos tres proxectos documentais a desenvolver durante os tres trimestres do curso. Nestes proxectos documentais participará todo o alumnado dende a súa titoría, cunha aproximación a un aspecto do tema proposto mediante traballos informativos, murais, traballos plásticos,...

  Este primeiro trimestre do curso trataremos o tema "O Camiño de Santiago". Así, utilizando libros, páxinas web e outros documentos (dos que contamos na nosa biblioteca ou que aporta o propio alumnado) cada nivel traballará un aspecto: orixe da tradición, vestimenta do pelegrín, a hospitalidade no camiño, as diversas rutas cara a Santiago, a arte e tradicións vinculadas ao camiño...; que se recollerá en diferentes traballos que expoñeremos no espazo en torno á biblioteca, para que todos e todas poidamos ver e aprender do traballo dos demais.

  Como complemento a esta actividade realizaremos o profesorado e alumnado do colexio un tramo do Camiño Portugués que pasa polo noso concello, dende Casalonga ata a Praza do Obradoiro;  acompañados por personal do servicio de Protección Civil do concello. O alumnado irase incorporando a esta ruta en diferentes lugares en función das posibilidades de cada idade.

Na galería de actividades poderedes ver unha mostra destes traballos ou tamén se poderá visitar a exposición que temos na entrada da nosa biblioteca.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut