Skip to Content

Blogue de Susana

Contacto: susana@ramallosa.org

Sopra que te sopra

Bos días,

hoxe volvemos con xogos de sopro, espero que vos gusten. Pero antes de xogar, hai que porse mans á obra para crear os vosos

propios xoguetes, ATENTOS!

 

"Matrasuegras". Sobre como utilizalo seguro que non precisades axuda, e para elaboralo aquí vos deixo o

enlace a unha páxina na que explica o paso a paso para facer o voso propio na casa.

 

  

 

Muiño de papel. Ao igual que no anterior, picando na imaxe accederedes a un vídeo do como se fai.

 

 

 

 

  Feliz día!

 

 

Xogar para falar

Boas tardes,

 

se o luns os xogos ían de practicar o sopro, pois hoxe propóñovos todo o contrario, xogos de succión. Pero primeiro imos co

quecemento.

 

Hoxe póñovos o enlace a un vídeo no que hai que imitar coa lingua os movementos que fai o mono

(clicade na imaxe para acceder a el)

 

Pescando peixes. A idea é que xuntos fagades uns peixiños de papel (podedes aproveitar para colorealos

se aos pequenos lles apetece), os recortedes e lles pidades aos nenos que con axuda dunha palliña os

pasen dun lado a outro, por exeplo, podedes poñer os peixes de papel nunha mesa e ao lado un envase

con auga e dicirlles: Pobres peixiños, senón van para a auga van morrer, podes axudarlles?

 

 

Variante: darlles un vaso con auga, ou outra bebida e pedirlles que pasen o líquido dun vaso a outro, podedes facelo con eles e ver cal é o que consigue pasar a maior cantidade de líquido sen que nada se lle caia por fóra.

 

 Feliz mércores!

 

Ximnasia coa boca

Ola!

Que tal de fin de semana? Espero que todas e todos o desfrutarades ao máximo. Esta semana comezámola con actividades para

darlle un pouco de movemento aos músculos que interveñen na fala. Espero que vos gusten.

 

Cuento del gusanito. Imos utilizar esta historia como quecemento para as actividades que veñen a

continuación. É probable que a moitas das vosas nenas e os vosos nenos lles soe de velo na clase,

pero estou convencida de que estarán encantados de que llela ensinedes unha vez máis.

 

 

 

Carreiras. Este xogo consiste en empurrar soprando unha pelota de "ping pon", pompón ou unha boliña de

papel por un camiño feito con plastilina ou debuxado enriba do chan ou dunha mesa.

É unha actividade que traballa todo o necesario e por riba é divertido porque podedes facer

carreiras, complicar o camiño... todo o que queirades. Probade a facelo primeiro sen palliña e logo

con ela como se ve nas imaxes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Feliz luns!

Teatro de sombras

Boas!

Rematamos a semana da luz xogando coas sombras.

 

Teatro de sombra. Aquí vos deixo varias propostas para que recreedes ou inventedes as vosas propias

historias por medio desta técnica.

Se clicades na imaxe, levaravos a unha páxina na que veredes o paso a paso para crear o voso propio

teatro de sombras e no que tamén podedes descargar as siluetas das personaxes dalgúns dos contos máis

famosos, aínda que eu sempre vos animo a que fagades as vosas propias, seguro que

tedes ideas xeniais.

 

Picando na imaxe de abaixo poderedes amosarlle aos nenos unha historia contada por medio de sombras

para que vexan en que consiste, seguro que os soprende.

 

Outra proposta é que fagades o teatro de sombras coas vosas popias mans. Clicando na imaxe de abaixo

verede scomo facer diferentes formas, algunhas máis sinxelas que outras, logo so precisades un foco de

luz (lámpada de mesa, escritorio, lanterna...) apuntano cara unha parede branca. 

 

Se queredes facelo dándolle un toque aínda máis profesional ou sorprender aos pequenos e pequenas,

poñede diante do foco unha sábana branca e o foco apuntando cara ela.

 

Que pasedes unha feliz fin de semana!

CAMBIANDO AS CORES

Ola!

Hoxe imos darlle algo de cor e poñerlle un pouco de arte ás propostas para xogar coa luz.

 

 

Gafas de cores. Para esta actividade precisades

papel celofán nas tres cores primarias, azul,

amarelo e vermello, cartolina ou cartón, pegamento

e unhas tesoirasAquí vos deixo o modelo de lupa

que xa utilizaramos noutra actividade, so hai que

cambiar o papel transparente polo celofán. Unha vez

feitas so tedes que deixarllas aos nenos e animalos

a experiementar mirando a travé dunha soa lupa,

logo probar a poñer dúas xuntas, intercambialas, e

acabar poñendo as tres. Outra idea é que, igual que

os nenos da imaxe, fagan un debuxo utilizando as

tres cores, e logo o miren con cada unha das lupas,

e preguntarlles que vén, se desapareceu algún dos

debuxos...

   

 

Vidrieras con papel de colores celofán | Niños arte, Arte vitral ...

Cores nas ventás. Para esta actividade

necesitades de novo papel celofán, xa que

é co que conseguiremos o efecto que se

ve na foto. Para facer as vosas creacións

podedes recortar o papel e pegalo en forro

plástico, ou tamén poñelo sobre film

transparente, que seguro moitos de vós xa

tedes na casa. E este das imaxe é o

resultado.

IMPORTANTE, pegade as vosas creacións nunha

ventá que reciba o sol directamente!

Se ademais polo medio misturades

papeis noutras cores, verán que 

a pesar de ter unha cualidade en

común (ser papeis de cores) non 

responde igual á exposición á luz.

  

 

Frasco Bote Tarro Calma Montessori Mamá extraterrestre

 

 

 

 

Botella da calma. Se picades na imaxe levaravos a un enlace no que aparece o

paso a paso sobre como facer unha botella que ademais de axudarnos a acadar a

calma, utilizaremos para que vexan o reflexo que se consigue coa auga coloreada.

Eu suxírovos que probedes a poñer dentro da vosa botella outros elementos, como

canicas, cristais de cores... que darán un efecto moi chulo á luz do sol!

 

 

 

 

 

 

 

Deica maña!

 

 

Mil e unha posibilidades coas lanternas

Bos días,

co título da entrada de hoxe xa sabedes con que nos toca xogar non? Pois aí van as propostas do día.

 

Pilla pilla a luz. O xogo é moi sinxelo, nun espacio no que haxa algo de oscuridade ou a poidades crear, ir

apuntando a diferentes partes coa lanterna deixando que os nenos intenten collela, e logo intercambiar

os papeis, esta segunda parte seguro que tamén os divirte.

 

 

Debuxos na parede. Como se ve na imaxe cun pouco de papel transparente, os sempre socorridos rolos de

papel hixiénico, un rotulador (mellor permanente) e algo de cinta adhesiva, podedes deixar que os nenos

convirtan a parede no seu lenzo.

 

 

Acampada dentro da casa. Como as noites todavía están a caer frías e facer acampada no exterior para ver as estrelas pode non ser a mellor idea, por que non prepara unha dentro da casa? Eu déixovos ideas de como ter o ceo e O RESTO DA AMBIENTACIÓN, XA QUEDA DA VOSA MAN. Unha

das ideas é que lle pidades aos nenos quebusquen pola casa obxectos que teñan buratiños polos que poida

escapar a luz e ver que efectos fan, como na primeira imaxe. A outra idea sería nun molde de

magdalenas, nun anaco de papel de aluminio ou nunha cartolina, facer buraquiños, cunha troqueladora ou

mesmo cun escarvadentes, pegalo na lanterna e proxectalo cara o teito. Así xa teredes o vos ceo

estrelado.

   

 

 

Xa me contaredes con que vos animades,

feliz mércores!

Arcos da vella por todas partes

Bos días,

as nenas e nenos teñen moi claro que para ver o arco da vella é preciso que chova e faga sol ao mesmo tempo, pero hoxe imos axudarlles a descubrir que hai outras formas de velo.

 

Espectroescopio caseiro. Un espectómetro é un instrumento que divide a luz en diferentes lonxitudes de

onda e que nos vemos como as diferentes cores do arco da vella.

 

MATERIAIS  

 

 - Un rolo de papel de cociña

 

 - Un CD

 

 - Cinta adhesiva

 

 - Unhas tesoiras  

 

- Pintura (por se lle queredes dar un toque de cor)

 

PROCESO

Collemos o rollo de papel hixiénico e facémoslles un corte a 45º no que logo intruduciremos o CD,

como se ve na imaxe

 

 

Polo outro lado, e á mesma altura que o anterior, facemos un corte en forma rectangular, que será por

onde logo miremos.

 

 

 

Logo na parte de arriba do rolo pegamos un círculo de cartolina, no cal previamente teremos feito un

corte con forma de rectángulo pero de maior tamaño que o anterior e máis alongado.

 

 

Agora solo queda colocar o CD. Se ides pintar o rolo mellor facelo antes de ter que facer todos os

cortes e cado a pintura esté completamente seca, tanto se o facedes con rotuladores como con

témperas.

Nesta ultima foto podedes ver como queda finalmente o espectoscopio, e a que altura e en que posición

vai cada un dos elementos.

 

 

 

Outras propostas que podedes realizar cos CDs, senón tedes algún dos materiais, ou vos apetece

seguir experimentando coa luz e o arco da vella poden ser:

 

 

Colocar un cd ou diferentes frente a unha ventá ao sol.

  

Apuntarlle cunha lanterna directamente.

 

 

Méter o CD na auga , proxecto coa lanterna e  ver.

 

Ata mañá

Xogamos coa luz

Bos días,

aproveitando que esta semana parece que nos vai acompañar o bo tempo, imos xogar coa   LUZ 

 

Proxectar sombras con obxectos e xoguetes. Para esta actividade podedes deixar que os nenos e as nenas

elixan o material que eles queiran: animais de xoguete, pezas de construcións, bonecos, sinais de

tráfico, os botes con auga coloreada da semana pasada... Podedes xogar tanto fóra da casa, utilizando

a propia luz do sol, e dentro, para iso so precisades dunha lanterna ou unha lámpada de

escritorio como podedes ver nas imaxes. 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

Por medio deste xogo axudarémoslles aos nenos

a ver como  o sol se move ao longo do día, que

as sombras da primeira e á última hora son

máis alongadas, e que cando o sol está xusto

enriba das nosas cabezas máis cortiñas, que a

luz se reflicte diferente en obxectos opacos e

translúcidos...

  

Que cara me debuxarías? Outra proposta pensada para realizar no exterior é que xoguedes coa vosa

propia sombra. Dádelle aos nenos xiz ou calquer material que vai pintar en asfalto e pedídelles que

vos debuxen unha cara coma na imaxe, logo podedes intercambiarvos os papeis. Unha alternativa a esta

actividade é a de debuxar a sombra dos obxectos. Podedes facer, unha outra OU AS DÚAS!

 

                        

 

 

Animádevos con estas propotas e contádeme que tal,

este tipo de actividades soen ter como resutado nas pequenas e pequenos caras de entusiasmo e sopresa.

 

Contos e cantos

Boas,

rematamos a semana con contos e cantos, que sei que a moitos dos vosos nenos e nenas son as propostas que máis lles gustan.

 

Nadando sen parar. Clicando na imaxe chegaredes a esta canción que non é so para escoitar, senón tamén para porse a bailar!

 

 

 

 

EL COCODRILO AL QUE NO LE GUSTABA EL AGUA. Vendo a portada do conto xa vos podedes imaxinar quen é o

protagonista da historia, pero que será o que lle pasa para ter esa cara de pena?. Se picades na

imaxe poderedes coñecer a historia deste Crocodilo.

 

  

Un biquiño para todos e feliz fin de semana

Pintando con auga

Ola!

Que tal o experimento de onte? espero que non non tirárades coa auga xa porque hoxe imos a darlle un segundo uso. Como xa

vimos na entrada do luns a auga é un ben moi preciado que temos que coidar e procurar non malgastar. Asique hoxe imso darlle

unha segunda vida a esa auga. Comezamos!

Pintar con xeo. Aproveitando que nestes días fai calor imos refrescarnos mentres xogamos e creamos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

Gracias á profe Mónica

por cederme as

imaxes!Sorriso

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

 

 

  Que pasedes un feliz día! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut