Clica nas imaxes para aceder a un feixe de recursos INTERACTIVOS!!
Velaquí, a creación musical feita co alumnado, da canción con letra propia, e xa oficial a modo de “himno”, para a celebración no Centro Educativo, do Samáin e o Magosto: “SamaGosto”
E NOS SEGUINTES ENLACES PODEREDES VER MOITÍSIMAS MÁIS ACTIVIDADES:
Preme nos diferentes enlaces para acceder ás actividades interactivas do Samaín, o Magosto e do Outono.
Celebramos o Magosto (todos os ciclos). Preme aquí.
O 14 de outubro o alumnado de 1º curso visitou o Auditorio para asistires á representación dun conto musical titulado "O País da Banda" no que catro familias de instrumentos (interpretados pola Banda Municipal de Música) e Paula Carballeira como narradora, nos contaron a súa historia.
Retrato del cocinero de George Washinton de Gilbert Stuart.
Compartimos con grande ledicia, estas tres historias de creación colectiva que están na páxina web de EDUCATHYSSEN e da que vos deixamos enlaces. Agardamos que as saboreedes con grande apetito.
Clicando nos títulos ou no retrato, podedes degustar os nosos manzares.
O 6 de xuño o alumnado de 2º ciclo visitou o Acuario e o Museo da Salgadura do Grove e navegou en zodiac ata a illa de Cortegada, onde realizaron un roteiro guiado que rematou cun refrescante baño na praia.
O "Lourenzo" dos Soños na Gaiola reluciu no Xirimbao e acompañounos na Romaría das Nosas Letras.
Coa caloriña do sol gozamos cos xogos tradicionais, co son de gaitas e pandeiretas, coas pezas musicais dos " Asubíos de Rebordelo", coa vista do río Ulla dende as alturas e co saboroso xantar ao que se sumaron moitas familias cos seus recendos a festexo de irmandade.