Skip to Content

DÁLLE LUZ AOS TEUS OLLOS!

Os libros das viaxes de Rocky

Se queredes saber máis dos libros de viaxes premede nas imaxes.

 

 

Guardar

Guardar

Rocky anímanos a viaxar coa lectura.

 

A volta do Nadal atopámonos a carta de Rocky e unha sorpresa. Cada aula tiña un libro de agasallo...

A nosa mascota está a viaxar polo mundo. Que lugares visitará?

 

 

 

XIII CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

EUGENIO GRANELL, O ENCANTO DE TODAS AS MULLERES.

Poderedes gozar cos tres premios acadados nesta edición e co resto dos creativos traballos do 22 de decembro ao 8 de xaneiro de 2017 na sede da Fundación Granell no Pazo de Bendaña e do 12 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2016 no Centro Comercial Área Central.

 

"O APALPADOR E O LADRÓN DE XOGUETES"

O venres 16 de decembro E.I. asistiu na SGAE á obra de títeres: "O Apalpador e o ladrón de xoguetes".

Se queredes ver as fotos, clicade na imaxe.

 

 

Guardar

Día internacional da non violencia

 A Comunidade Escolar  do CEIP

A  RAMALLOSA  contra a

violencia de xénero.

 

 

 

(clica na foto)

A raposa Bulebule

Os nenos e nenas de primeiro e segundo foron  ver unha fábula. Bulebule é unha raposa moi simpática que ao medrar ten que deixar a casa dos seus pais e sobrevivir nun bosque cheo de perigos....  

DE INFANTIL A CUARTO DESCUBRINDO A "FADATEA"

O mércores 16 e o xoves 17 de novembro o alumnado de Infantil a cuarto de primaria achegáronse ao Centro Sociocultural da Ramallosa para asistires a un contacontos no que nos presentaron á fada Fadatea, nada en Teo e protectora agarimosa dos libros e á súa peor inimiga, a bruxa da Agrela, á que non lle gustaban nada os libros e andaba coa teima de destruílos.

Esta actividade foi promovida polo Concello e Cesáreo e máis David fixeron posible esta fermosa historia de animación á lectura  onde non faltaron as sombras , os debuxos e a narración oral.

Para ver as imaxes preme na foto.

 

OUTONO NA RAMALLOSA. ( Mural colectivo)

TERCEIRO E CUARTO NO TEATRO.

O xoves 10 de novembro o alumnado de terceiro e cuarto asistiron á representación dunha fermosa obra de teatro no Auditorio de Abanca en Santiago.

A trama desenvolvíase a partires do conto de Polgariño facéndonos reflexionar sobre a enfermidade do alzhéimer.

Preme na foto e verás as imaxes.

 

 

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut