Skip to Content

Saen de novo as mochilas viaxeiras!

Un ano máis as nosas mochilas viaxeiras acaban de comenzar a súa andaina para percorrer tódalas vosas casas, levando unha pequena mostra da nosa biblioteca, que poderedes disfrutar coas vosas familias. Por fin contamos co nº suficiente de mochilas para que cheguen ás casas de todo o alumnado de primaria e permanezcan alí durante unha semana.
Xunto coa mochila vai un caderno viaxeiro (que xa leva percorrido algúns quilómetros), onde podedes recoller as vosas impresións sobre os libros e esta experiencia de lecturas compartidas.
Este curso, ademais, o alumnado de infantil tamén vai levar as súas lecturas de fin de semana nunhas bolsas especiais para o seu nivel.
Boa viaxe!!


page | by Dr. Radut